
Volver
As que limpan
Sinopse
Un cartel pendurado no manubrio da porta: “Por favor, arranxe o cuarto”. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Son as que limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador.
As que limpan é unha sátira utópica inspirada na loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por conseguiren uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes.
Web:
https://apanadaria.com/#espectaculosCandidaturas
- Espectáculo : As que limpan Premiado/a
- Actriz Secundaria : Areta Bolado
- Actriz Secundaria : Ailén Kendelman
- Actriz Protagonista : Noelia Castro Premiado/a
- Maquillaxe : Esther Quintas
- Vestiario : Esther Quintas
- Iluminación : Del Ruiz
- Texto Orixinal : Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman Premiado/a
- Dirección : Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman Premiado/a
- Dirección de movemento : Clara Ferrão
- Espazo sonoro : Ailén Kendelman
- Espazo escénico : Beatriz de Vega
Compañía
A Panadaría
Data estrea:
18/02/2022