Pirolíticos (c) Sabela Eiriz
Volver

Pirolíticos

Sinopse

Co gallo do seu 30 aniversario, Mofa e Befa emprenden o seu proceso creativo máis arriscado e experimental, coa incorporación de tres mulleres na dirección e no texto. Clara Gayo, María Lado e Lucía Aldao acompañan aos artistas en PIROLÍTICOS, unha proposta que, sen renunciar ao teatro que Mofa e Befa sempre ofreceron, contén necesariamente a visión e o humor destas tres mulleres que aceptaron sen dubidar o desafío. Mantendo a estrutura, o estilo, e as intencións “didácticas” que sempre caracterizaron a este dúo, PIROLÍTICOS é esencialmente unha guía para orientar ao público sobre as novas masculinidades de sempre e conseguir (no caso dos homes) unha correcta pirólise en 7 pasos sinxelos. Ao igual que os fornos modernos, é necesario conseguir un estado de “baleiro total” para poder comprender e asumir os novos conceptos que o Feminismo achegou nas últimas décadas. Reflexionar sobre o impacto do Patriarcado nos propios homes, recoñecer a súa posición de privilexio, e amosar as contradicións que estas influencias provocan no noso día a día, poñendo o foco en todo momento sobre un home que simpatiza coa teoría feminista e aspira a vivir en consoancia con ela, pero que ten que enfrontar unha cultura machista profundamente instalada. Cunha estrutura en sketches, como é habitual en Mofa e Befa, e, por suposto, con música (desta volta, cun marcado estilo perrallas rock) PIROLÍTICOS escenifica situacións ben recoñecibles polo público, co fin de conseguir unha mellor comprensión da “Guía Rápida para unha Correcta Pirólise”. As autoras presentan personaxes que intentan e fracasan ou que non saben por onde empezar, personaxes que de súpeto experimentan vivenzas que en ningún caso vivirían polo feito de seren homes, personaxes que tentan familiarizarse con toda a nova terminoloxía que nos últimos tempos describe tendenzas, identidades, actitudes, gustos e desgustos...

Web:

www.excentricas.net

Candidaturas

  • Espectáculo : Pirolíticos
  • Actor Protagonista : Evaristo Calvo
  • Actor Protagonista : Víctor Mosqueira
  • Vestiario : Xulia Bréns
  • Iluminación : Octavio Mas
  • Texto Orixinal : Lucía Aldao e María Lado
  • Dirección : Clara Gayo
  • Espazo sonoro : Piti Sanz
  • Espazo escénico : Marcelino de Santiago, Kukas

Compañía

Producións Teatrais Excéntricas SL

Data estrea:

07/10/2022

Contacto

Descargar programa