Volver
Un hotel de primeira sobre o río
Sinopse
A especulación urbanística, a depredación do medio natural ou o desarraigo son algúns dos temas arredor dos que xira Un hotel de primeira sobre o río, que desprega en tres actos a historia de Ruth, quen vive e traballa nun val afectado por un proxecto urbanístico para construír un hotel cunha área recreativa. O espectáculo narra a presión exercida sobre a protagonista para que renuncie ás súas terras, á súa casa, á súa historia e ás súas raíces, evocando de xeito onírico e simbólico a dualidade entre a realidade e as fantasías da súa imaxinación. Un hotel de primeira sobre o río é o resultado do diálogo do texto orixinal co teatro de movemento, a danza, a música e as artes visuais. Cunha coidada composición estética e unha rigorosa investigación sobre xestos e imaxes, a peza convídanos a abordar diferentes xeitos de vivir no ámbito rural e a cuestionar a xestión dos recursos naturais.
Web:
https://centrodramatico.xunta.gal/cdg/centro/obra.php?id=cdg_obra9078&lg=galCandidaturas
- Espectáculo : Un hotel de primeira sobre o río
- Actor Secundario : Iván Davila
- Actor Secundario : Nicolás Otero
- Actor Secundario : Pablo Sánchez
- Actriz Secundaria : Raquel Espada
- Actriz Secundaria : Sofía Espiñeira
- Actriz Secundaria : Lidia Veiga
- Actriz Protagonista : Merche Pérez
- Vestiario : Carolina Díguele
- Iluminación : Nacho Martín
- Adaptación/Tradución : Gonçalo Guerreiro e María Torres
- Dirección : Gonçalo Guerreiro e María Torres
- Dirección de movemento : Gonçalo Guerreiro e María Torres Premiado/a
- Espazo sonoro : Manuel Fonte Loureiro
- Espazo escénico : Gonçalo Guerreiro
Compañía
Centro Dramático Galego
Data estrea:
31/03/2023