Imaxe horizontal
Volver

A serie clopen

Sinopse

Acrobacias imposibles, aéreos impresionantes, comedia hilarante, danza, clown e unha historia cativadora. A serie clopen é un espectáculo multidisciplinar que reflexiona, en ton de humor, sobre os retos que ten que afrontar a xuventude nestes tempos de incerteza. Alicia é unha rapaza que está nese momento vital onde comeza a construír a súa identidade e a investigar o mundo que a arrodea. O seu cuarto segue cheo de bonecas e xoguetes, pero as preguntas invaden a súa mente. Ela, no seu afán de darlles resposta, abre unha canle onde explica curiosidades acerca dunha das súas paixóns: as matemáticas. Pero todo o que descobre xera máis preguntas... Poderán as "mates" explicar o momento político actual: o auxe dos absolutismos, dos fascismos, o aumento da desigualdade, ou o novo contexto bélico? Poderá a nosa mocidade superar os retos que lles impón a súa xeración? E, sobre todo, poderá o circo, a arte do momento presente, do físico, do risco, da cooperación, ofrecer alternativas nun mundo absolutamente dixitalizado?

Web:

https://centrodramatico.xunta.gal/cdg/axenda/axendad.php?id_e=2981&lg=gal

Candidaturas

  • Espectáculo : A serie clopen
  • Actriz Protagonista : Raquel Oitavén
  • Actor Protagonista : Guillermo Solo
  • Actriz Protagonista : Johanna Hesse
  • Actriz Protagonista : Inés Santos
  • Actriz Protagonista : Luz García
  • Actriz Protagonista : Natalia Pajarito
  • Actriz Protagonista : Marián Bañobre
  • Maquillaxe : Erea Pérez
  • Vestiario : Carlos Alonso
  • Iluminación : Laura Iturralde
  • Texto Orixinal : Clara Gayo e Pablo Reboleiro
  • Dirección : Pablo Reboleiro
  • Dirección de movemento : Marta Alonso Tejada
  • Espazo sonoro : Marcos PTT e Xose Lois Romero
  • Espazo escénico : Laura Iturralde e José Faro

Compañía

Centro Dramático Galego

Data estrea:

11/09/2025

Contacto

Descargar programa