Volver
Castelao, un corazón á intemperie
Sinopse
Castelao, un corazón á intemperie é unha produción de Fantoches Baj para público infantil e familiar, unha proposta de narración oral, monicreques, música tradicional e teatro de máscaras que busca dar a coñecer a Castelao entre os nenas e os nenos relendo e interpretando parte da súa obra.
Após a morte de Castelao o 7 de xaneiro de 1950, nun tempo no que en Galicia non era posible chorar a súa perda, o dramaturgo e director de escena Daniel Varela Buxán decide render, nun acto privado diante da súa veciñanza, a súa particular homenaxe ao rianxeiro.
Varela Buxán fora o encargado de dirixir “Os vellos non deben de namorarse” na súa estrea absoluta en 1941 en Bos Aires e, a partires de aí, mantivo unha fonda amizade con Castelao. Por iso, para homenaxealo, Varela Buxán colócase nun pequeno escenario onde traza brevemente a peripecia vital de Castelao deténdose naqueles momentos literarios e artísticos que considera máis significativos. Así, representa con marionetas parte da súa obra: contos de ‘Cousas’ (“Panchito” e a “Marquesiña”); narracións de ‘Retrincos’ (“Sabela” e “O inglés”), escenas de “Os vellos non deben namorarse” e o o monólogo do esqueleto en “Un ollo de vidro”.
Web:
https://urdime.gal/espectaculos/Castelao,-un-corazon-a-intemperie/Candidaturas
- Espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas : Castelao, un corazón á intemperie
Compañía
Fantoches Baj
Data estrea:
25/03/2025