Volver
A miña tataravoa Maruxa
Sinopse
Lola embárcase nunha viaxe temporal a partir dun cofre que atopa no faiado. Aí dará con obxectos que pertenceron a mulleres pioneiras galegas que aparecerán para axudarlle a descubrir a historia da súa tataravoa.
É unha peza que promove valores de igualdade e cooperación. Grazas a todas estas mulleres, Lola descubrirá que a súa tataravoa era unha pioneira tamén e, que ela pode ser o que queira.
Ademáis mixtura diferentes recursos teatrais como luces, fume, maxia, experimentos científicos, etc. que conseguirán trasladar aos máis pequenos a un mundo de fantasía e ilusión mentres aprenden.
Web:
https://www.barafunda.es/espectaculos/a-mina-tataravoa-maruxaCandidaturas
- Espectáculo Infantil : A miña tataravoa Maruxa
- Actriz Protagonista : Alba Nogueira
- Actriz Protagonista : Noemi Blanco
- Vestiario : Alba Nogueira, Noemi Blanco
- Iluminación : Javier Quintana
- Texto Orixinal : Alba Nogueira e Noemi Blanco
- Dirección : Manuel Castro
- Dirección de movemento : Alba Nogueira e Noemi Blanco
- Espazo sonoro : Alba Nogueira e Noemi Blanco
- Espazo escénico : Alba Nogueira e Noemi Blanco
Compañía
Barafunda Teatro
Data estrea:
10/03/2025