Volver
O Libro da Selva, o musical
Sinopse
A historia segue os pasos de Mowgli, unha nena humana criada por unha manda de lobos, que debe enfrontarse ao desafío de atopar o seu lugar na comunidade. No camiño descobre a amizade incondicional de aloo, a sabedoría protectora de Bagheera, o misterio hipnótico de Kaa e a ameaza constante de Shere Khan, o tigre que ve na súa presenza un perigo para a orde establecida.
Diferentes formas de vivir e entender a vida, pero que finalmente deben unirse para defender a harmonía do seu mundo e garantir un futuro compartido.
Unha metáfora do tránsito cara á identidade, da aprendizaxe da cooperación fronte ao medo e do descubrimento de que só na unión e no recoñecemento mutuo pode construírse unha verdadeira comunidade.
Web:
https://artikavigo.com/artika-cia/Candidaturas
- Espectáculo Infantil : O Libro da Selva, o musical
- Actor Protagonista : Marcos Alonso
- Actriz Protagonista : Irene Lorenzo
- Actriz Protagonista : Fernanda Barrio Barcala
- Maquillaxe : Ártika Cía
- Vestiario : Escenificaciones Gustavo Brito
- Iluminación : Anxo Fernández
- Adaptación/Tradución : Ártika Cía
- Dirección : Marcos Alonso
- Dirección de movemento : Rocío Salgado
- Espazo sonoro : Anxo Fernández
- Espazo escénico : Escenificaciones Gustavo Brito
- Actor Protagonista : Yoel Alonso
- Actriz Protagonista : Rocío Salgado
Compañía
Ártika Cía
Data estrea:
25/10/2025