Volver
Heroes en decembro
Sinopse
“Heroes en decembro” é unha conversa incómoda que é necesario ter. É unha batalla campal contra nós mesmas na que pretendemos poñer o foco nun dos grandes tabús da cotidianeidade.
O programa terapéutico no que se enmarca o devir dos protagonistas cuestionará que sobrevivir non sempre devolve as ganas de vivir. Son necesarias a sorte, as ganas e un motivo ao que aferrarse.
Berta, escritora frustrada, atravésase o ventre cun coitelo de cerámica, porque son os que mellor cortan.
Agnes, sobrevivinte dos atentados do 11M precipita a súa cadeira de rodas escaleiras abaixo xusto despois de que a vexan masturbarse.
Xián, a pesar de estar a piques de saltar dunha altura de 50 metros, acobárdase cando ve que a ninguén lle importa.
Mar, traballadora social porque así o dí o seu título da carreira, traballa con suicidas para que a súa vida non pareza unha merda.
Esto é un convite a fedellar nunha ferida aberta. E un intento de suturala.
Web:
https://www.instagram.com/ancoraxeCandidaturas
- Espectáculo : Heroes en decembro
- Actor Secundario : Marcos Grandal
- Actriz Secundaria : Ana San Fernando
- Actriz Secundaria : Andrea Blanco
- Maquillaxe : Ancoraxe e Vórtice escénico
- Vestiario : Ancoraxe
- Iluminación : As dúas e punto
- Adaptación/Tradución : Sara Rey
- Dirección : Sara Rey
- Dirección de movemento : Sara Rey
- Espazo sonoro : Marcos Grandal
- Espazo escénico : As dúas e punto
- Actriz Protagonista : Isabel Garrido
Compañía
Ancoraxe, Vórtice Escénico e Centro Dramático Galego
Data estrea:
26/09/2025