escenografía
Volver

As almofadas soñadoras

Sinopse

Contra os autoritarismos!!!! Que non nos roben os soños!! O Rei máis malo de todos os tempos, Rácano I non deixa de poñer leis cada vez máis terribles. Desde proibir os recreos ata os domingos. Tampouco se pode cantar na ducha. Os habitantes de Galegópole non poden máis. Todo o día traballando nas minas. O único que lle quedan son os soños. Pero o malvado arquimago do palacio Reptilio Pérfido, inventou ou máis terrible dos inventos, para que incluso as noites sexan un pesadelo para os galegopolitas. Ata cando vai aguantar o pobo esta situación? Xa está aquí o novo espectáculo de Assircópatas, un espectáculo de narración oral, cheo de máxia, música, teatro de obxetos, circo, monicreques e tamén un chisco de rebelión.

Web:

https://sondaniblanco.gal/creacions/as-almofadas-sonadoras/

Candidaturas

  • Espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas : As almofadas soñadoras
  • Actor Protagonista : Dani Blanco
  • Actriz Protagonista : María Dobronich
  • Maquillaxe : María Dobronich
  • Vestiario : María Dobronich
  • Iluminación : Víctor Salceda
  • Adaptación/Tradución : Dani Blanco e Marcos PTT
  • Dirección : Marcos PTT
  • Espazo sonoro : Marcos PTT
  • Espazo escénico : Dani Blanco e María Dobronich

Compañía

Diáspora Escena

Data estrea:

05-01-2025

Contacto

Descargar programa