Volver
Mala vida e pior morte de Ricardo III
Sinopse
“Mala vida e peor morte do rei Ricardo III, mais non a glosada polo aclamado poeta William Shakespeare” é o título magnífico é tronitronante, da creación de Evaristo calvo, que non oculta a sua belixerancia contra a difamación redactada por Shakespeare. Trátase dun espectáculo unipersoal no que a través dun monólogo dirixido á audiencia, a personaxe do difunto rei Ricardo III de Inglaterra, argumenta en contra do relato dos derradeiros anos da súa vida que Shakespeare deixou trazado no drama “A vida e a morte do rei Ricardo III”. Non se trata pois da personaxe deste coñecido drama, senón dun outro recreado polo seu intérprete que parece querer facer xustiza á súa memoria, descubrindo a manipulación do público a través dun discurso que, rañando un pouco nel, toma maneiras de propaganda. A maldade psicopática do retrato que o dramaturgo pinta sobre a persoa do derradeiro rei da dinastía Plantagenet, parécelle ao protagonista un compendio de inxurias. Vemos a un Ricardo doído pola manipulación da súa historia por parte de tan senlleiro dramaturgo.
Web:
https://www.excentricas.net/Candidaturas
- Espectáculo : Mala vida e pior morte de Ricardo III
- Actor Protagonista : Evaristo Calvo
- Vestiario : Marta Calvo
- Iluminación : Octavio Mas
- Texto Orixinal : María Lado, Evaristo Calvo e Antón Coucheiro
- Dirección : Evaristo Calvo e Antón Coucheiro
- Espazo escénico : Marta Calvo
Compañía
Producións Teatrais Excéntricas
Data estrea:
21/02/2025