Volver
Un tal Romeo
Sinopse
Apoiado por unha tremoia escénica viva, un actor prepárase para interpretar o papel de Romeo. Repasa pasaxes da obra shakespeariana, asiste a un casting e a continuación destrúe a golpes o balcón de Xulieta.
Xunto a un TRAMOLLISTA, o INTÉRPRETE redefine o seu concepto de amor caduco e infeccioso que o incapacita para a vida e o teatro. Repasa a concatenación de primeiras veces que experimenta Romeo; casar, perder a virxinidade, matar a alguén, ser desterrado e quitarse a vida, na procura de respostas a unha problemática propia que resoa na súa cabeza:
NON TES PERFIL DE ROMEO.
XAMÁIS SERÁS PROTAGONISTA.
O AMOR É SEMPRE SECUNDARIO.
O ROMANTICISMO ESTÁ MORTO.
A TÚA CARREIRA TAMÉN.
Unha ironía metateatral de contrastes e tensión rítmica entre ondas coreográficas.
Que difícil é querer, que difícil é quererse.
Web:
https://www.aramboia.com/Candidaturas
- Espectáculo : Un tal Romeo
- Actor Secundario : Anxo García
- Actor Protagonista : Fran Lareu
- Vestiario : María Peinado
- Iluminación : Germán Gundín
- Texto Orixinal : María Peinado
- Dirección : María Peinado
- Dirección de movemento : María Peinado, Fran Lareu
- Espazo sonoro : María Peinado
- Espazo escénico : María Peinado
Compañía
aRamboia
Data estrea:
24/10/2024