Gabinete Mirabilia
Volver

Gabinete Mirabilia

Sinopse

Nova proposta de obxectos e narración oral coa que Pablísimo celebra 25 anos enriba dos escenarios! Achéguense ao Gabinete Mirabilia! Aquí poderán apreciar pezas moi peculiares, rarezas, abraios e as máis incribles curiosidades! Marabíllense coa fauna imposible e as criaturas máis extravagantes da natureza. Contemple pequenas obras de arte e escoite misterios inexplicables. Nesta fantástica colección cada obxecto ten a súa historia... ou cada historia ten o seu obxecto? Gabinete Mirabilia é un espectáculo inspirado nos cuartos das marabillas ou gabinetes de curiosidades onde se coleccionaban obxectos encantados e misteriosos, aparellos científicos, antigüidades e todo tipo de prodixios.

Web:

https://urdime.gal/espectaculos/Gabinete-Mirabilia/

Candidaturas

  • Espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas : Gabinete Mirabilia
  • Vestiario : Juan Carlos Guerra

Compañía

Pablísimo

Data estrea:

04/10/2025

Contacto

Descargar programa