
Volver
Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios que non serven para cambiar o mundo pero fan que quedemos máis tranquilos
Sinopse
É evidente que nos enganan e nos manipulan. Só interesamos como consumidores ou como votantes, que é o mesmo. Como podemos cambiar esta situación? Pasando á acción. Tomando o desquite pola nosa conta. Non seremos quen de darlle a volta ao sistema pero podemos concedernos pequenos caprichos. Como? Levando a cabo Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios que non serven para cambiar o mundo pero fan que quedemos máis tranquilos.
Este é un espectáculo cómico-político-absurdo baseado nuns textos escritos a partir dun proceso de investigación e creación colectiva e que entrelazan varias historias que parten dun nexo común: personaxes que levan a cabo Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios, é dicir, deciden emprender accións de protesta de maneira privada e individual (por iso son pequenos) para manifestar o seu desacordo co funcionamento ou significado dalgunha institución pública ou privada ante a cal non encontran outro medio de manifestarse, aínda que con estas iniciativas non vaian solucionar "nada"
Web:
http://ibuprofenoteatro.blogspot.comCandidaturas
- Espectáculo : Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios que non serven para cambiar o mundo pero fan que quedemos máis tranquilos
- Actriz Protagonista : Marián Bañobre Premiado/a
- Texto Orixinal : Santiago Cortegoso Premiado/a