
Volver
Viaxe a Ningunha parte
Sinopse
“A viaxe a ningunha parte” é unha magnífica obra narrativa contada maxistralmente por Fernando Fernán Gómez e que
SARABELA TEATRO adapta ao teatro con auténtica paixón.
É a historia duns “cómicos da legua” que vivían na España de hai unhas décadas e que percorrían camiños poeirentos ateigados de pobreza, co obxectivo de levar un sorriso, un respiro ás penurias dunha poboación gris, marcada pola miseria e a fame.
O cine ambulante estaba acabando cunha das profesións máis entrañables, onde os cómicos eran vistos con desprezo polo resto da sociedade, pouco máis ca xente vagabunda de baixa moral e tendente á vida libertina. Estes actores e actrices guindábanse á intemperie a representar as súas funcións ambulantes, obras dos irmáns Quintero, de Buero Vallejo ou de Calderón de la Barca, entre outros.
Candidaturas
- Adaptación/Tradución : Ánxeles Cuña Bóveda Premiado/a
- Dirección : Ánxeles Cuña Bóveda
- Actriz Secundaria : Elena Seijo
- Actor Protagonista : Fernando Dacosta
- Actriz Protagonista : Fina Calleja
- Actor Protagonista : Jorge Casas
- Actor Secundario : Josito Porto
- Actor Secundario : Lino Braxe
- Actriz Secundaria : Nate Borrajo
- Iluminación : Pedro Fresneda
- Maquillaxe : Raquel Fidalgo Premiado/a
- Actriz Secundaria : Sabela Gago
- Escenografía : Suso Montero
- Vestiario : Suso Montero Premiado/a
- Espectáculo