Volver
Tokio3
Sinopse
TOKIO3 é un relato épico e intimista sobre o que esperamos da vida. Sobre o que soñamos. Sobre o paraíso. E sobre como encaixa todo isto nunha sociedade onde o inmediato, o constante e o material deixa pouco espazo ao espiritual/emocional. Trátase dunha fábula sobre o paraíso natural que anhelamos e sobre o mundo artificial que nos espera. Un exercicio no que se debuxan as razóns do amor e se perfilan os motivos da esperanza.
TOKIO3 é a conclusión da triloxía Lugares Comúns. Este proxecto refírese aos espazos, reais e imaxinarios, que compartimos e como estes puntos de encontro inflúen na busca de identidade do individuo contemporáneo. A triloxía explora tres eixes temáticos diferentes (o fracaso, a memoria e o paraíso), relacionándoo coa perspectiva temporal (presente-pasado-futuro), e compartindo un mesmo proceso de creación baseado no diálogo intercultural entre un grupo de actores e un equipo artístico cunha mesma liña conceptual e estética.
Candidaturas
- Iluminación : Baltasar Patiño Premiado/a
- Actor Protagonista : Borja Fernández
- Maquillaxe : Fany Bello
- Actor Protagonista : Hugo Torres
- Actor Protagonista : Jose Díaz
- Música Orixinal : Jose Díaz e Hugo Torres Premiado/a
- Actriz Protagonista : Marta Pazos
- Dirección : Marta Pazos Premiado/a
- Escenografía : Marta Pazos Premiado/a
- Texto Orixinal : Marta Pazos, Hugo Torres, Jose Díaz, Uxía P. Vaello,Borja Fernández, Sergio Zearreta, e Anabell Gago
- Actor Protagonista : Sergio Zearreta
- Actriz Protagonista : Uxía P. Vaello
- Vestiario : Uxía P. Vaello Premiado/a
- Espectáculo