
Volver
Imperial. Café-cantante
Sinopse
Imperial: Café cantante. Vigo 1936, recibiu o Premio “MARÍA CASARES” á mellor escenografía, mellor vestiario, mellor iluminación, mellor música orixinal e mellor texto orixinal, na súa edición do ano 2007.Teatro do Noroeste, é unha compañía que, na súa dilatada traxectoria de 20 anos, ten producido e distribuído unha grande cantidade de espectáculos. Entre estes espectáculos se poden salientar desde textos clásicos como: Rei Lear, Macbeth ou Noite de Reis de William Shakespeare, ou As vodas de Fígaro de Caron de Beaumarchais, ate textos máis contemporáneos como Os Xustos de Albert Camús, ou de autores galegos como Historias Peregrinas ou A grande noite de Fiz de Miguel Anxo Murado e Unha rosa é unha rosa de Suso de Toro. Entre moitos outros. Teatro do Noroeste presenta o espectáculo teatral: Imperial: café cantante. Vigo 1936. Esta producción é unha obra musical de grande formato no que participan dez actores e actrices e conta con músicos en directo que interpretan os temas musicais e as cancións que aparecen no espectáculo.
Web:
https://www.teatrodonoroeste.comCandidaturas
- Escenografía : Paco Conesa Premiado/a
- Iluminación : Eduardo Alonso Premiado/a
- Música Orixinal : Bernardo Martínez Premiado/a
- Texto Orixinal : Eduardo Alonso Premiado/a
- Vestiario : Paco Conesa Premiado/a