
Volver
O Furancho
Sinopse
MARIÁN BAÑOBRE e ISABEL RISCO, artistas multidisciplinares, sempre na vangarda do deseño e das últimas tendencias, preséntannos a súa última creación: O furancho. Un espazo cargado de "agroglamour" no que se fusiona a estética máis "trendy" con elementos propios da máis pura tradición, como os zocos e o pololo. Cada un dos detalles é parte dun todo harmónico configurado a partir de estilismos minimalistas e cálidos que sintetizan o pasado co presente, o rural co cosmopolita, o loureiro coas novas tecnoloxías. Dúas mulleres fortes, con carácter e desbordante personalidade, que definen á perfección a esencia enerxética e desvergonzada das pallasas: dúas iconas femininas fonte de inspiración para todas esas loitadoras que son quen de poñer o mundo patas arriba para lograr que os seus soños se fagan realidade.
Web:
http://www.ibuprofenoteatro.blogspot.comCandidaturas
- Espectáculo : O Furancho
- Actriz Protagonista : Marián Bañobre
- Actriz Protagonista : Isabel Risco
- Maquillaxe : Marián Bañobre Isabel Risco
- Vestiario : Marián Bañobre Premiado/a
- Iluminación : Salvador del Río
- Escenografía : Ibuprofeno Teatro
- Texto Orixinal : Santiago Cortegoso
- Dirección : Santiago Cortegoso
Compañía
Ibuprofeno Teatro
Data estrea:
27/02/2015