
Volver
Voaxa e Carmín
Sinopse
Maruxa e Coralia saen da casa, como cada día, maquilladas ate a extenuación e vestidas a toda cor dispostas a dar o seu habitual paseo das dúas polas rúas de Compostela. Pasear, saudar, mercar Sansón e galletas María, piropear aos mozos, insultar ás mozas… Todo parece transcorrer sen cambio algún. Porén, hoxe non vai ser un día coma os outros: Coralia empurra a Maruxa a escapar das súas rutinas, tentando cumprir os seus soños. Comeza así unha viaxe que abrirá feridas de guerra que volverán doer coma o primeiro día.
Voaxa e Carmín é unha comedia terrorífica que da voz a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, coñecidas como As Marías de Santiago de Compostela. Son moitas as persoas que día a día se fotografían coa estatua que as representa no paseo da Alameda, mais…. saben esas persoas a crúa historia que hai detrás delas?
Web:
http://butacazero.wixsite.com/galego/voaxa-e-carm-nCandidaturas
- Espectáculo : Voaxa e Carmín
- Actriz Protagonista : Mabel Rivera
- Actriz Protagonista : Belén Constenla
- Maquillaxe : Trini F. Silva Premiado/a
- Vestiario : Mari Seoane Premiado/a
- Iluminación : Javier Quintana
- Escenografía : Roi Fernández (SrPause Cinescapismo) e Marcelino de Santiago (Kukas)
- Texto Orixinal : Esther F. Carrodeguas
- Dirección : Xavier Castiñeira
Compañía
ButacaZero
Data estrea:
19 xullo 2016