Volver
Resaca
Sinopse
Resaca é a terceira montaxe de ilMaquinario Teatro. Foi estreada en galego en Xaneiro de 2017, e a versión en castelán foi estreada en San Sebastián, no marco da Feira de Teatro de Euskadi. En Maio de 2017 estrease a nivel internacional no THÉÂTRE DES ABBESSES de París. Outros festivais na que foi seleccionada foron o FIOT de Carballo, Tercera Setmana en Valencia, Reclam en Castellón, DFERIA en Donosti e MADferia en Madrid. Espectáculo recomendado pola Rede Nacional de Teatros.
Resaca é un espectáculo multidisciplinar no que o teatro conversa coa poesía, a narración oral e a música en directo para tratar de recompoñer a historia da vida de Álex, unha persoa común que dalgunha maneira resume e simboliza o sentir dunha xeración que continúa buscando o seu lugar nun mundo que se atopa en proceso constante de transformación e crise.
Resaca é o resultado dun traballo documental sobre a memoria familiar e afectiva de todos os membros de ilMaquinario Teatro, a través da súa relación cunha persoa recentemente desaparecida. A reflexión sobre a súa perda activa a súa necesidade para salvagardar a memoria común fronte a vertixe cotiá que nos empurra cara adiante sen ter en conta a importancia do pasado. Quizais non exista mellor momento que o de agora para falar de alguén a través de quen recoñecernos con todos os nosos medos, desexos, dúbidas, ledicias e miserias.
Resaca xoga cos mecanismos do teatro documental ofrecendo un espectáculo vital no que os intérpretes intentan comprenderse lendo, cantando, rindo, escoitando, bailando e respirando a vida das persoas que nos habitan e que xa non están entre nós. Unha viaxe na que o espectador transitará polos territorios da tenrura, a comicidade, a reflexión e a emoción da man de cinco intérpretes que fan das súas propias vidas materia escénica.
Web:
https://www.ilmaquinarioteatro.com/resacagalegoCandidaturas
- Espectáculo : Resaca
- Actor Secundario : Fernando Gonzalez
- Actriz Secundaria : Laura Míguez Premiado/a
- Actor Protagonista : Fran Lareu
- Actriz Protagonista : Melania Cruz
- Maquillaxe : ilMaquinario Teatro
- Vestiario : ilMaquinario Teatro
- Iluminación : Jose Manuel Faro "Coti" Premiado/a
- Escenografía : Laura Iturralde e Montse Piñeiro Premiado/a
- Música Orixinal : Vadim Yukhnevich Premiado/a
- Texto Orixinal : Tito Asorey e Ana Carreira
- Dirección : Tito Asorey
- Actor Secundario : Vadim Yukhnevich
Compañía
ilMaquinario Teatro
Data estrea:
26/ 01/2017