
Volver
Despois das Ondas
Sinopse
Despois da guerra, do exilio, da morte, do éxito, da soidade, do amor; despois de corenta anos, María Casares regresa á patria da súa infancia nunha xira teatral.
A nena medrou para converterse na gran actriz da escena e do cinema francés, no símbolo da España refuxiada, no recordo dunha Galicia perdida na brétema do pasado. Será precisamente nesa néboa onde a gran Casares deberá perderse para atopar o significado dunha vida chea de éxitos e perdas, onde as pantasmas que resoan na súa memoria axudarana a responder á verdadeira razón desta viaxe: quen é María?
Nesta peza mesturando cine en directo, teatro e música poderemos percorrer os lugares e momentos da vida de María Casares na súa viaxe de retorno tras corenta anos de exilio.
Web:
https://butacazero.net/espectaculo/despois-das-ondas/Candidaturas
- Espectáculo
- Actriz Secundaria : Sonsoles Cordón
- Actriz Protagonista : Belén Constenla
- Actriz Protagonista : Nerea Brei
- Maquillaxe : Carlos Pinilla
- Vestiario : Carlos Pinilla Premiado/a
- Iluminación : Javi Quintana
- Escenografía : Beatriz de Vega e Roi Fernández (Sr. Pausa Cinescapismo)
- Adaptación/Tradución
- Texto Orixinal : Ernesto Is
- Dirección : Xavier Castiñeira
- Espectáculo : Despois das Ondas
Compañía
ButacaZero
Data estrea:
03/05/2019