Volver
Dreaming Juliet
Sinopse
DREAMING JULIET inspírase en “Romeo e Xulieta” de William Shakespeare para abordar a cuestión máis esencial da existencia humana: O Amor.
Na obra do dramaturgo inglés, os protagonistas viven un amor prohibido e idealizado, condenado polas súas familias. A súa intensa relación ten unha curta duración e un funesto final.
Mais imaxinemos que Romeo e Xulieta non tivesen morrido e que o principal obstáculo á sua relación non fose a oposición das súas familias senón as adversidades das rutinas do mundo contemporáneo.
DREAMING JULIET trata moitas temáticas de actualidade: o amor romántico, a conciliación, a crianza e as relacións igualitarias.
Cunha linguaxe visual asentada no teatro de movemento, na música interpretada en directo e na danza, DREAMING JULIET crea unha poética universal da paixón con momentos cómicos e irónicos que rompen o romanticismo shakespiriano e escenas onde se roza a ópera punk.
Web:
http://www.elefanteelegante.netCandidaturas
- Espectáculo
- Actor Secundario : Nacho Martín
- Actriz Secundaria : Marta Alonso
- Actor Protagonista : Gonçalo Guerreiro
- Actriz Protagonista : María Torres
- Vestiario : Diego Valeiras Premiado/a
- Iluminación : Germán Gundín
- Escenografía : Gonçalo Guerreiro
- Música Orixinal : Miguel Paz, Nacho Martín, Gonçalo Guerreiro
- Adaptación/Tradución : María Torres, Gonçalo Guerreiro
- Dirección : Gonçalo Guerreiro, María Torres
- Espectáculo : Dreaming Juliet
Compañía
Elefante Elegante
Data estrea:
19/06/2020