Volver
...e poñerán esposas ás flores...
Sinopse
“... e poñerán esposas as flores…” é un texto de Fernando Arrabal representado por primeira vez nas táboas dun teatro profesional.
A simultaneidade do humor e do terror, inscritos nos cárceres da posguerra franquista, fainos reflexionar sobre a capacidade do ser humano de facer cousas fermosas como chegar a lúa ou outras terribles como asestarlle de gracia a Federico García Lorca no cú; amosando deste xeito un legado que impulsa a humanidade cara una nova perspectiva.
Nesta peza, o autor fai coincidir a chegada do home a lúa co xulgamento de Julian Grimau, executado en 1963 polos seus crimes cometidos durante a Guerra Civil uns 25 anos antes (aínda que non se refire a este de forma explícita). Este sería o marco escollido por Arrabal para narrar a vida de tres presos nun cárcere da posguerra mesturados con ensoñacións surrealistas que falan das preocupacións máis existenciais do ser humano.
A posta en escena conta con proxeccións tridimensionais e con música de acordeón en directo acompañada en ocasión por cantigas populares da época dándolle cor e proximidade ao público. A montaxe interpretada por cinco actores en escena (contando co acordeonista) que representarán cada un deles diferentes personaxes que viaxan entre o mundo onírico e o real.
É imposible entender a beleza poética da dramaturxia da obra sen poñer en releve a figura de Arrabal e o seu recoñecemento internacional. Javier Villan describe deste xeito o seu legado:
“O teatro de Arrabal é un mundo salvaxe, brutal, cacofónico e alegremente provocador. É un Entroido dramático no que os cadáveres das nosas civilizacións “avanzadas” asan ao espeto dunha revolución permanente. É o herdeiro artístico da lucides de Kafka e do humor de Jarry; na súa violencia, Arrabal está emparentado con Sade e Artaud. Porén, é sen dúbida o único escritor que levou a burla ata onde o fixo. Profundamente político e alegremente lúdico, a vez revolucionario e bohemio, a súa obra é a síndrome do noso século do arame de espiño e dos gulags, un xeito de buscar o perdón”.
Gustaríanos desatacar que durante a montaxe da obra contamos co respaldo do mesmo Arrabal co que mantemos unha correspondencia case semanal.
Adxunto o enlace a revista La regle du Jeu onde fai referencia a nosa montaxe teatral:
- Revista "La regle du Jeu".
Web:
www.stracciatellateatro.comCandidaturas
- Espectáculo : ...e poñerán esposas ás flores...
- Actor Protagonista : Alejandro Carro
- Actor Protagonista : Andrés Mahía
- Vestiario : Anahí Taraburelli
- Iluminación : Nacho Martín
- Música Orixinal : Klaus Martinez Veiga
- Adaptación/Tradución : Javier Mariño
- Dirección : Javier Mariño
- Actor Secundario : Marcos Fernández
- Actor Secundario : Kalus Martínez
- Actriz Protagonista : Iria Lamas
Compañía
Stracciatella Teatro
Data estrea:
03/04/2021