PROMOTORES
Volver

Eurovisión (O fake show)

Sinopse

O concurso musical televisivo por antonomasia retransmitindo cancións, presentacións, votacións... As tripas da televisión, os tópicos patrios mais absurdos, músicas delirantes nun xogo escénico sen fin. Países europeos mestúranse con China e EEUU, que non son europeos pero que participan. Como tamén participa Galicia (que non é país pero si europea) como anfitriona. Podería a TVG retransmitir unha gala de Eurovisión? Participaría Galicia cunha canción? Converteríase polo tanto en país? Estamos preparados para o grande show? Onde reside a alma da patria? Algunhas preguntas e risa asegurada. Dous actores e unha actriz que cantan, bailan, presentan, actúan... Eurovisión: o show.

Candidaturas

  • Espectáculo : Eurovisión (O fake show)
  • Actor Secundario : Xosé Bonome
  • Actor Protagonista : Pedro Picos
  • Actriz Protagonista : Sabela Hermida
  • Vestiario : Bucanero
  • Iluminación : Is Torrado
  • Escenografía : Is Torrado
  • Música Orixinal : José Bonome
  • Texto Orixinal : Lino Braxe
  • Dirección : Rebeca Montero

Compañía

Bucanero

Data estrea:

11/12/2021

Contacto

Descargar programa