Volver
Hugo
Sinopse
OS NÁUFRAGOS TEATRO presenta HUGO, un espectáculo con forte compoñente social, ao que nos ten acostumados a compañía, coa que queren sensibilizar e dar visibilidade ao trastorno do espectro autista (TEA). Dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos, e tamén para público adulto.
HUGO fala así de empatía, da necesidade de comunicarnos e da beleza da diferencia, porque ser diferentes fainos grandes.
Hugo é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día. A Laia gústanlle falar e as plantas. Hugo ten TEA, trastorno do espectro autista. HUGO fala da empatía, da necesidade de comunicarnos e da beleza da diferencia. Ser diferentes fainos grandes.
Web:
https://urdime.gal/project/9557/Candidaturas
- Espectáculo Infantil : Hugo Premiado/a
- Actor Protagonista : Jimmy Núñez
- Actriz Protagonista : María Roja
- Maquillaxe : Os Náufragos Teatro
- Vestiario : Os Náufragos Teatro
- Iluminación : Daniel Pais
- Escenografía : Marimo Studio
- Música Orixinal : Daniel Valentín
- Texto Orixinal : Gustavo del Río
- Dirección : Gustavo del Río
Compañía
Os Naúfragos Teatro
Data estrea:
17/09/2021