
Volver
A Peste
Sinopse
A peste é unha versión teatral de Cándido Pazó, inspirada na obra de Albert Camus, coa que
reflexionar sobre o comportamento da sociedade e dos individuos durante situacións de crise.
A historia conta o que sucede na cidade de Orán, a través da narración do doutor Rieux,
durante unha praga de peste. A cidade vese asediada e os seus habitantes sometidos a unha
corentena. A obra céntrase nos avatares dos habitantes encerrados, en como se enfrontan á
praga e lle buscan un sentido á súa situación: primeiro nunha loita egoísta pola supervivencia
e, despois, a través do esforzo colectivo e comunitario. Ao longo dun ano, a peste progresa ata
que a dan controlado e desaparece. O pobo celebra con alegría a fin da peste, salvo o doutor
Rieux que, tras o sacrificio fútil e a perda de seres queridos, só presenta un optimismo
cauteloso, sabendo que a praga pode volver no futuro.
Web:
http://centrodramatico.xunta.gal/cdg/centro/obra_h.php?id=cdg_obra9063&lg=galCandidaturas
- Espectáculo : A Peste
- Actor Secundario : César Cambeiro
- Actor Secundario : Xurxo Cortázar
- Actor Secundario : Salvador del Río
- Actor Secundario : Miquel Ínsua
- Actor Secundario : Tone Martínez
- Actor Secundario : Marcos Orsi
- Actor Secundario : Santi Romay
- Actor Secundario : Carlos Sante
- Actriz Secundaria : Casilda G. Alfaro
- Actriz Secundaria : Paku Granxa
- Actriz Secundaria : Rebeca Montero
- Actriz Secundaria : María Roja Premiado/a
- Actor Protagonista : Nacho Castaño
- Actor Protagonista : Luís Iglesia B.
- Actor Protagonista : Evaristo Calvo
- Vestiario : Martina Cambeiro
- Iluminación : Afonso Castro
- Adaptación/Tradución : Cándido Pazó
- Dirección : Cándido Pazó
- Espazo sonoro : Guillerme Fernández
- Espazo escénico : Dani Trillo
Compañía
Centro Dramático Galego
Data estrea:
20/01/22