Volver
Papagena
Sinopse
Papagena é unha ópera electrónica nacida a partir da figura da personaxe homónima da Frauta Máxica de Wolfgang Amadeus Mozart. Unha produción para analizar e re-escribir esta personaxe dende unha mirada actual e en base a dun dos maiores procesos de avance político-social dos últimos tempos: a loita contra o sexismo.
Unha soprano (Esperanza Mara), un barítono (Jacobo Rubianes Castelo), e un músico en escena (o propio compositor da ópera, Iago Hermo) serán os piares desta peza deseñada para chegar tanto aos grandes teatros como a aqueles espazos e vilas onde a ópera, quizais, nunca chegou.
E por suposto: en galego.
Web:
https://butacazero.net/espectaculo/papagena/Candidaturas
- Espectáculo : Papagena
- Actor Protagonista : Jacobo Rubianes Castelo
- Actriz Protagonista : Esperanza Mara
- Maquillaxe : Diego Valeiras Premiado/a
- Vestiario : Diego Valeiras
- Iluminación : Ana Arteaga
- Texto Orixinal : Iago Hermo
- Dirección : Xavier Castiñeira e Esther F. Carrodeguas
- Espazo sonoro : Iago Hermo
- Espazo escénico : Xavier Castiñeira e Ana Arteaga
Compañía
ButacaZero
Data estrea:
10/09/2022