XXVIII Edición | 2024
.
-
XXVII Edición | 2023
.
-
XXVI Edición | 2022
No centenario do nacemento de María Casares, un coro de actrices en escena fixo uso dos textos da súa autobiografía para convertelos en diálogos, teatralizándoos e xogando con eles, mesturando o formato gala (os premios), co teatro documento, o teatro poético e a performance.
-
XXV Edición | 2021
Unha troupe interxeneracional celebrou a resistencia presencial do teatro. A MITCF de Cangas recibiu o Premio de Honra Marisa Soto
-
XXIV Edición | 2020
Unha edición atípica, na que a gala se tranformou nunha peza audiovisual. Foi gravada en outubro do 2020 no Salón Teatro de Santiago de Compostela e no Pazo da Cultura de Narón, onde se fixo entrega do Premio de Honra Marisa Soto a Flor Maceiras
-
XXIII Edición | 2019
A gala dos XXIII Premios de Teatro María Casares estivo dirixida por Juanillo Esteban e Carlos Sante, quen idearon un espectáculo inspirado no Imperio Romano no que se mesturaron técnicas tearais e circenses.
-
XXII Edición | 2018
Talía Teatro e o Coro Encaixe ofreceron o espectáculo deste ano. Rosa Álvarez, socia nº1 da AAAG, premio de honra Marisa Soto.
-
XXI Edición | 2017
Una gala cantada e bailada por Pepo Suevos e compañía, na que Eduardo Alonso recibiu o seu Premio de Honra Marisa Soto.
-
XX Edición | 2016
Fomos celebrar este ritual da representación. A Revista Galega de Teatro recibiu encantada o Premio de Honra Marisa Soto.
-
XIX Edición | 2015
María Torres e Gonçalo Guerreiro codirixiron a gala desta edición, na que Vicente Montoto recibiu o Premio de Honra Marisa Soto
-
XVIII Edición | 2014
O teatro homenaxea co Premio de Honra a 'Pico'. Ibuprofeno conduciu unha gala na que 'Eurozone' foi a montaxe máis aclamada
-
XVII Edición | 2013
Os actores Marcos Orsi e Xúlio Abonjo foron os encargados de conducir a cerimonia, interpretando os seus coñecidos personaxes Ratman e Bobyn
-
XVI Edición | 2012
O Presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, leu o Manifiesto Galego do Día Internacional do Teatro nesta edición
-
XV Edición | 2011
Un total de 16 espectáculos optaron ás catorce categorías da 15ª edición dos Premios María Casares de Teatro
-
XIV Edición | 2010
A compañía Voadora encargouse da dirección da Gala. Gonzalo M. Uriarte foi recoñecido co Premio de Honra
-
XIII Edición | 2009
Na XIII edición dos María Casares, 'Unha primavera para Aldara' foi o mellor espectáculo. A xornalista Ana Romaní, Premio Marisa Soto
-
XII Edición | 2008
'Noite de reis' do CDG recibiu o premio ao mellor espectáculo e un total de catro galardóns. Premio de Honra para Rubén García
-
XI Edición | 2007
Na XI Gala dos María Casares, Concha Abad recibiu o Premio de Honra. 'A raíña da beleza de Leenane' de Teatro Do Atlántico, mellor espectáculo
-
X Edición | 2006
'Tío Vania' de Factoría levou o Premio ao Mellor Espectáculo nunha gala na que Dorotea Bárcena recibiu o Premio de Honra
-
IX Edición | 2005
Luis Álvarez Pousa recibe o Premio de Honra Marisa Soto. 'Fobias', Mellor Espectáculo. Celébrase o XX aniversario da AAAG
-
VIII Edición | 2004
O Padroado da Cultura de Narón levou o Premio Marisa Soto. 'Así que pasen cinco anos' de Sarabela, fíxose co Premio ao Mellor espectáculo
-
VII Edición | 2003
Foi a gala do Nunca Máis, do Non a Guerra e dos 25 anos de teatro profesional. 'Animaliños' levou o premio ao mellor espectáculo
-
VI Edición | 2002
'Sexismunda' de Sarabela Teatro, levou o Premio ao Mellor espectáculo. A Fundación Teatro Principal de Tui recolleu o Marisa Soto
-
V Edición | 2001
A Asociación Cultural Abrente recibiu o Premio de Honra Marisa Soto. 'O lapis do carpinteiro' de Sarabela, foi a obra máis premiada
-
IV Edición | 2000
Manuel Gallart, cartelista do Teatro Colón, recibiu o Premio Marisa Soto. 'Si o vello Simbad volvese ás illas...", do Centro Dramático Galego, recibiu nove galardóns
-
III Edición | 1999
Maruxa Villanueva recibiu o Premio de Honra Marisa Soto nunha gala na que 'Quid Pro Quo' foi escollida como mellor espectáculo
-
II Edición | 1998
A obra 'Anxeliños' de Teatro do Aquí levou o Premio ao mellor espectáculo e 'Nano', de Teatro de Adro, fíxose co maior número de galardóns
-
I Edición | 1997
A primeira entrega dos Premios María Casares celebrouse no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Agustín Magán recibiu o primeiro Premio de Honra