Volver

Un total de 15 espectáculos competirán como finalistas nos XXVII Premios de Teatro María Casares

>> Os espectáculos ‘Ás oito da tarde, cando morren as nais’, do Centro Dramático Galego (CDG), e ‘As que limpan’, de A Panadaría, acaparan nove finalistas cada un. Pola súa banda ‘Smoke on the water’, de Ibuprofeno Teatro, e ‘O Porco de pé’, de Producións Teatráis Excéntricas, contan con seis finalistas

>> ‘Continente María’, de Ainé Producións e A Quinta do Cuadrante, é finalistas en cinco categorías e ‘O Deus do pop’, de Diego Anido, en catro, igual que ‘A peste’, do CDG

>> ‘As que limpan’, ‘O Deus do pop’ e ‘O porco de pé’ compiten como finalistas no apartado de mellor espectáculo. Na categoría de espectáculo infantil, as finalistas son ‘Wombo combo’, de Galeatro; ‘Ninja’, de Teatro Ghazafelhos e ‘A nena que vivía nunha caixa de mistos’, de Caramuxo Teatro

Un total de 15 espectáculos competirán en calidade de finalistas por facerse con algún dos 16 galardóns que se entregarán durante a gala dos XXVII Premios de Teatro María Casares, que este ano se celebrará o 30 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Así se deu a coñecer esta tarde en Santiago durante a tradicional Festa de Finalistas que tivo lugar na Cafetería Lasso do Auditorio de Galicia. O acto, que foi conducido pola actriz Arantxa Treus, contou coa asistencia de Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic); Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña; o concelleiro de Educación do Concello da Coruña, Jesús Celemín, e Lidia Costa e Fátima Sieira, representantes de AISGE, que participaron no evento en calidade de representantes das institucións que patrocinan os galardóns do noso teatro, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).

O espectáculo Ás oito da tarde, cando morren as nais, do Centro Dramático Galego, acadou nove finalistas (dirección, dirección de movemento, actriz secundaria, actor secundario por partida dupla, espazo escénico, iluminación, texto orixinal e vestiario), igual que a obra As que limpan, da compañía A Panadaría (espectáculo, dirección, dirección de movemento, actriz protagonista, actriz secundaria por partida dupla, espazo sonoro, maquillaxe e texto orixinal).

Con seis finalistas atópanse Smoke on the water, de Ibuprofeno Teatro (actor protagonista, actriz protagonista, actor secundario, espazo escénico, espazo sonoro, maquillaxe) e O porco de pé, de Producións Teatráis Excéntricas (espectáculo, adaptación-tradución, actriz protagonista, actor protagonista, actor secundario e vestiario).

Continente María, de Ainé Producións e A Quinta do Cuadrante, opta a cinco Premios María Casares (dirección, texto orixinal, actriz protagonista, espazo sonoro e iluminación), mentres que O Deus do Pop, de Diego Anido, aspira a catro galardóns (espectáculo, actor protagonista, dirección de movemento e iluminación). Por idéntico número de premios compite A peste, do Centro Dramático Galego (adaptación-tradución, actriz secundaria, espazo escénico e vestiario).

Ragazzo, da compañía Barrosanta, aspira a dous galardóns (actor protagonista e adaptación-tradución). Por un premio pelexarán Papagena, de Butacazero (maquillaxe); e Ninja, de Teatro Ghazafelhos; Wombo combo, de Galeatro, e A nena que vivía nunha caixa de mistos, de Caramuxo Teatro. Estas tres pezas competirán unicamente polo premio ao mellor espectáculo infantil.

Polo premio de nova creación para os espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas competirán tres montaxes que tamén son finalistas unicamente nesta categoría: A barca do inferno, de Nauta Teatro; Raio The Loubican, de mircromina, e Xela contra o Dragón Traga-verbas (Títeres Cachirulo).

Estes 15 espectáculos competirán así na gala dos Premios de Teatro María Casares, que este ano se celebrará no Teatro Rosalía Castro da Coruña o 30 de marzo. Os galardóns están organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) e contan habitualmente co apoio e o patrocinio de institucións e entidades como a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación da Coruña, o Concello da Coruña, o Padroado de Cultura do Concello de Narón, a Fundación AISGE ou Gadis.

Relación de finalistas por montaxes

  1. Ás oito da tarde, cando morren as nais, do Centro Dramático Galego (9 finalistas): dirección (Marta Pazos), dirección de movemento (Rut Balbís), actor secundario (Toni Salgado), actor secundario (Xosé Manuel Esperante), actriz secundaria (Camila Bossa), espazo escénico (Blanca Añón), texto orixinal (Avelina Pérez), vestiario (Pier Paolo Álvaro) e iluminación (Nuno Meira).
  2. As que limpan, de A Panadaría (9 finalistas): espectáculo, dirección (Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman), dirección de movemento (Clara Ferrão), actriz protagonista (Noelia Castro), actriz secundaria (Areta Bolado), actriz secundaria (Ailén Kendelman), espazo sonoro (Ailén Kendelman), maquillaxe (Esther Quintas) e texto orixinal (Ailén Kendelman, Areta Bolado e Noelia Castro)
  3. Smoke on the water, de Ibuprofeno Teatro (6 finalistas): actor protagonista (Josito Porto), actriz protagonista (Belén Constenla), actor secundario (Adrián Ríos), espazo escénico (Pablo Giráldez ‘O Pastor’), espazo sonoro (Mon Orencio) e maquillaxe (Baia Fernández).
  4. O porco de pé, de Producións Teatráis Excéntricas (6 finalistas): espectáculo, adaptación-tradución (Quico Cadaval e Pepe Sendón), actriz protagonista (Patricia Vázquez), actor protagonista (Víctor Mosqueira), actor secundario (Evaristo Calvo) e vestiario (Carlos Alonso).
  5. Continente María, de Ainé Producións e A Quinta do Cuadrante (5 finalistas): dirección (Tito Asorey), actriz protagonista (Melania Cruz), espazo sonoro (Vadim Yukhnevich), texto orixinal (Marianella Morena e Tito Asorey) e iluminación (Laura Iturralde).
  6. A Peste, do CDG (4 finalistas): adaptación-tradución (Cándido Pazó), actriz secundaria (María Roja), espazo escénico (Dani Trillo) e vestiario (Martina Cambeiro)
  7. O Deus do Pop, de Diego Anido (4 finalistas): espectáculo, actor protagonista (Diego Anido), dirección de movemento (Guillermo Weickret e Diego Anido) e iluminación (Montse Piñeiro, Raquel Hernández e Pedro Fresneda)
  8. Ragazzo, de Barrosanta (2 finalistas): adaptación-tradución (Lali Álvarez, Xavier Castiñeira e Anxo Outumuro) e actor protagonista (Anxo Outumuro).
  9. Papagena, de ButacaZero (1 finalista): maquillaxe (Diego Valeiras)
  10. Wombo Combo, de Galeatro (1 finalista): espectáculo infantil
  11. Ninja, de Teatro Ghazafelhos (1 finalista): espectáculo infantil
  12. A nena que vivía nunha caixa de mistos, de Caramuxo Teatro (1 finalista) espectáculo infantil
  13. A barca do inferno, de Nauta Teatro (1 finalista): espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas
  14. Raio The Loubican, de mircromina(1 finalista): espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas
  15. Xela e o Dragón Traga-Verbas, de Tïteres Cachirulo (1 finalista): espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas

    FOTO: La Diapo

FINALISTAS POR CATEGORÍAS

Mellor Maquillaxe

candidatura finalista

espectáculo

compañía

Baia Fernández

Smoke on the water

Ibuprofeno Teatro

Diego Valeiras

Papagena

ButacaZero

Esther Quintas

As que limpan

A Panadaría

Mellor Vestiario

candidatura finalista

espectáculo

compañía

Carlos Alonso

O Porco de pé

Producións Teatrais Excéntricas

Martina Cambeiro

A Peste

Centro Dramático Galego

Pier Paolo Álvaro

Ás oito da tarde, cando morren as nais

Centro Dramático Galego

Mellor Espazo escénico

candidatura finalista

espectáculo

compañía

Blanca Añón

Ás oito da tarde, cando morren as nais

Centro Dramático Galego

Dani Trillo

A Peste

Centro Dramático Galego

Pablo Giráldez 'O Pastor'

Smoke on the water

Ibuprofeno Teatro

Mellor Iluminación

candidatura finalista

espectáculo

compañía

Laura Iturralde

Continente María

Ainé Producións e A Quinta doCuadrante

Montse Piñeiro, Raquel Hernández e Pedro Fresneda

O Deus do pop

Diego Anido

Nuno Meira

Ás oito da tarde, cando morren as nais

Centro Dramático Galego

Mellor Espazo sonoro

candidatura finalista

espectáculo

compañía

Ailén Kendelman

As que limpan

A Panadaría

Mon Orencio

Smoke on the water

Ibuprofeno Teatro

Vadim Yukhnevich

Continente María

Ainé Producións e A Quinta doCuadrante

Mellor Adaptación/Tradución

candidatura finalista

espectáculo

compañía

Cándido Pazó

A Peste

Centro Dramático Galego

Lali Álvarez, Xavier Castiñeira e

Anxo Outumuro

Ragazzo

Barrosanta

Quico Cadaval e Pepe Sendón

O Porco de pé

Producións Teatrais Excéntricas

Mellor Texto Orixinal

candidatura finalista

espectáculo

compañía

Areta Bolado, Noelia Castro e

Ailén Kendelman

As que limpan

A Panadaría

Avelina Pérez

Ás oito da tarde, cando morren as nais

Centro Dramático Galego

Marianella Morena e Tito Asorey

Continente María

Ainé Producións e A Quinta doCuadrante

Mellor Actriz Secundaria

candidatura finalista

espectáculo

compañía

Ailén Kendelman

As que limpan

A Panadaría

Areta Bolado

As que limpan

A Panadaría

Camila Bossa

Ás oito da tarde, cando morren as nais

Centro Dramático Galego

María Roja

A Peste

Centro Dramático Galego

Mellor Actor Secundario

candidatura finalista

espectáculo

compañía

Adrián Ríos

Smoke on the water

Ibuprofeno Teatro

Evaristo Calvo

O Porco de pé

Producións Teatrais Excéntricas

Toni Salgado

Ás oito da tarde, cando morren as nais

Centro Dramático Galego

Xosé Manuel Esperante

Ás oito da tarde, cando morren as nais

Centro Dramático Galego

Mellor Actriz Protagonista

candidatura finalista

espectáculo

compañía

Belén Constenla

Smoke on the water

Ibuprofeno Teatro

Melania Cruz

Continente María

Ainé Producións e A Quinta doCuadrante

Noelia Castro

As que limpan

A Panadaría

Patricia Vázquez

O Porco de pé

Producións Teatráis Excéntricas

Mellor Actor Protagonista

candidatura finalista

espectáculo

compañía

Anxo Outumuro

Ragazzo

Barrosanta

Diego Anido

O Deus do pop

Diego Anido

Josito Porto

Smoke on the water

Ibuprofeno Teatro

Víctor Mosqueira

O Porco de pé

Producións Teatrais Excéntricas

Mellor Dirección de movemento

candidatura finalista

espectáculo

compañía

Clara Ferrão

As que limpan

A Panadaría

Guillermo Weickret e Diego Anido

O Deus do pop

Diego Anido

Rut Balbís

Ás oito da tarde, cando morren as nais

Centro Dramático Galego

Mellor Dirección

candidatura finalista

espectáculo

compañía

Areta Bolado, Noelia Castro e

Ailén Kendelman

As que limpan

A Panadaría

Marta Pazos

Ás oito da tarde, cando morren as nais

Centro Dramático Galego

Tito Asorey

Continente María

Ainé Producións e A Quinta do Cuadrante

Mellor Espectáculo Infantil

espectáculo

compañía

A nena que vivía nunha caixa de mistos

Caramuxo Teatro

Ninja

Teatro Ghazafelhos

Wombo Combo

Galeatro

Mellor Espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas

espectáculo

compañía

A Barca Do Inferno

Nauta Teatro

Raio the Loubican

mircromina

Xela contra o Dragón Tragaverbas

Títeres Cachirulo

Mellor Espectáculo

espectáculo

compañía

As que limpan

A Panadaría

O Deus do pop

Diego Anido

O Porco de pé

Producións Teatrais Excéntricas