‘Unha inimiga do pobo’, de Talía
Teatro, gaña sete dos nove galardóns aos que aspiraba: mellor espectáculo,
dirección, adaptación-tradución, actriz protagonista, actor secundario, espazo
escénico e iluminación.
‘O Auto do Castromil’, de Producións
Teatráis Excéntricas en coprodución co CDG, acada dous premios (dirección e
vestiario) e ‘Deadpan Karaoke’, de Ibuprofeno Teatro, gaña tamén en dúas
categorías (maquillaxe e espazo sonoro). ‘Nanai da China’, de
Pérez&Fernández, leva o premio ao mellor espectáculo de monicreques e
‘Crisálida’, de Caramuxo Teatro, faise co de mellor espectáculo infantil
O premio á dirección compárteno Quico Cadaval (‘O
Auto do Castromil’) e Tito Asorey (‘Unha inimiga do pobo’), o de actriz
protagonista foi para Marta Lado (‘Unha inmiga do pobo’), actor protagonista foi
para Toni Salgado (‘Shakespeare en Roma’, do CDG), o de actriz secundaria
acadouno María Roja (‘Entrega en Man’, de Contraproducións) e o de actor
secundario levouno Toño Casais (‘Unha inimiga do pobo’)