Por Isabel Risco.

Todas as novidades sobre os premios
Por Isabel Risco.
A Xunta Directiva quere recoñecer o labor inxente dunha actriz e docente cuxa traxectoria se pode definir polo seu amor incontestable pola escena. que Flor Maceiras lle transmite ás novas xeracións de profesionais do noso oficio dende a Escola Municipal de Narón, institución referencial no sector. Como actriz, ademais, Maceiras traballou ao longo das décadas con compañías como Elsinor Teatro, Teatro do Noroeste, Teatro do Atlántico, Teatro Proscrito, Teatro Maltés ou o Centro Dramático. Dese xeito, percorrer a súa traxectoria interpretativa é percorrer gran parte da historia do teatro profesional en Galicia. Estas dúas dimensións, a de docente e a de actriz, converten a Flor Maceira nun elo fundamental do pasado, do presente e do futuro da nosa profesión.
O elenco estará conformado por Déborah Vukušić, Arantxa Treus, Antía Costas e Rocío Romero. Laura Iturralde encargarase da dirección de arte e a música correrá a cargo de Nacho Muñoz
O dramaturgo paquistaní Shahid Nadeem asina a Mensaxe Internacional no Día Mundial de Teatro, do International Theatre Institute (ITI). Dende a AAAG, traemos ao galego un extracto do seu texto. Pódese consultar na web do ITI a versión orixinal e diferentes traducións a outros idiomas.
O espectáculo ‘Liberto’, de Marelas Producións, aspira a sete galardóns, mentres que ‘Bernarda, de Malasombra, e ‘Fariña’, de Ainé Producións, Undodez e Oqueteño Media, optan a cino galardóns. Estes tres espectáculos, que acaparan o maior número de finalistas, disputaranse ademais o premio ao mellor espectáculo
‘Cartoóns’, de Producións Teatráis Excéntricas; ‘Lambetadas’, de Talía Teatro, e ‘Ummm!! Unha comedia musical… para chupar os dedos’, de Teatro Avento Producións competirán polos premio na categoría de mellor espectáculo infantil
A gala celebrarase o vindeiro xoves 26 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña e coñeceremos a relación de finalistas dos galardóns o próximo mércores 26 de febreiro na tradicional Festa de Finalistas que se celebrará na Cafetería Lasso do Auditorio de Galicia
A primeira rolda de votacións xa está aberta a un censo de votantes conformado por máis de 450 profesionais do sector escénico. O proceso de votación rematará o 17 de febreiro e del sairán os/as finalistas en cada unha das catorce categorías cos que contan os galardóns
O prazo para a inscrición de espectáculos abre este luns 16 de decembro e pechará o próximo 7 de xaneirode 2020. Poderán concorrer todas as producións de actor en lingua galega estreadas ao longo do ano 2019