Podes ver a gala completa nesta ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=zooOZ0bQutk
XXVIII Edición | 2024
Novas
Últimas novas dos María Casares
Os XXVIII Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadoras
‘Unha inimiga do pobo’, de Talía Teatro, gaña sete dos nove galardóns aos que aspiraba: mellor espectáculo, dirección, adaptación-tradución, actriz protagonista, actor secundario, espazo escénico e iluminación.
‘O Auto do Castromil’, de Producións Teatráis Excéntricas en coprodución co CDG, acada dous premios (dirección e vestiario) e ‘Deadpan Karaoke’, de Ibuprofeno Teatro, gaña tamén en dúas categorías (maquillaxe e espazo sonoro). ‘Nanai da China’, de Pérez&Fernández, leva o premio ao mellor espectáculo de monicreques e ‘Crisálida’, de Caramuxo Teatro, faise co de mellor espectáculo infantil
O premio á dirección compárteno Quico Cadaval (‘O Auto do Castromil’) e Tito Asorey (‘Unha inimiga do pobo’), o de actriz protagonista foi para Marta Lado (‘Unha inmiga do pobo’), actor protagonista foi para Toni Salgado (‘Shakespeare en Roma’, do CDG), o de actriz secundaria acadouno María Roja (‘Entrega en Man’, de Contraproducións) e o de actor secundario levouno Toño Casais (‘Unha inimiga do pobo’)Os XXVIII Premios María Casares homenaxearán este xoves na Coruña o xénero do teatro musical cunha gala de entrega con “mar de fondo”
Sara Fandiño é a directora artística da cerimonia de entrega, que conta cun elenco integrado por Alba Tojeiro, Germán Prenta, Iván L. Estévez, Iván Márquez, Mario Lagoas, Rocío Salgado e Verónica Peiteado
A entrega dos galardóns celebrarase no Teatro Rosalía Castro da Coruña este xoves e será emitida en directo a través da Canle de Youtube dos Premios María Casares a partir das 20.30 h. Un total de 19 obras compiten como finalistas polos galardóns
LIGAZÓN Á RETRANSMISIÓN DA GALA: https://www.youtube.com/watch?v=zooOZ0bQutk
A Asociación de Actores e Actrices concédelle o Premio de Honra Marisa Soto á actriz María Barcala
Con este galardón distínguese a longa e frutífera traxectoria dunha actriz cuxo traballo se engloba dentro da xeración que puxo en marcha a profesionalización da nosa escena. Pioneira e persistente, María Barcala é un referente para o tecido artístico e sectorial do teatro en Galicia
Vero Rilo define a escena como “rebeldía, transgresión e salvavidas” no Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia(AAAG) fai público o ‘Manifesto Galegodo Día Mundial do Teatro’, que cada ano encarga a unha persoa de recoñecido prestixio dentro da cultura do noso país para conmemorar o 27 de marzo
MANIFESTO GALEGO DO DIA MUNDIAL DO TEATRO 2024
Por Vero Rilo
Santiago de Compostela, marzo de 2024
Sara Fandiño dirixirá a gala duns XXVIII Premios María Casares que homenaxearán o teatro musical
A gala conta cun elenco conformado por Alba Tojeiro, Germán Prenta, Iván López Estévez, Iván Márquez, Mario Lagoas, Rocío Salgado e Verónica Peiteado. A directora da gala e Alexandro González encárganse das composicións musicais
Un total de 19 espectáculos competirán como finalistas nos XXVIII Premios de Teatro María Casares
‘Unha inimiga do pobo’, de Talía Teatro, acada 9 finalistas e ‘Hamelin’, de Redrum Teatro, consegue 6. As obras do Centro Dramático Galego (CDG) ‘Shakespeare en Roma’ e ‘Un hotel de primeira sobre o río’ rexistran 5 finalistas, os mesmos que ‘O Auto do Castromil’, de Producións Teatráis Excéntricas en coprodución co CDG
‘Unha inimiga do pobo’, ‘Hamelin’ e ‘O Auto de Castromil’ disputaranse os galardóns de mellor espectáculo e mellor dirección. O premio ao espectáculo infantil decidirase entre ‘Ándale! Bon apêttit!’, de Teatro Ghazafelhos; ‘Backstage’, de NegroLópez, e ‘Crisálida’, de Caramuxo Teatro
A ilustradora Paula Mayor asina o cartel dos XXVIII Premios de Teatro María Casares
A relación de finalistas deste 2024 coñecerase o próximo martes 20 de febreiro durante a Festa de Finalistas. Cris Collazo presentará o acto, que se celebrará na Cafetería Lasso do Auditorio de Galicia en Santiago