Secundarán o chamado do comité de empresa a unha gran mobilización para rescatar a radiotelevisión pública e poñela ao servizo da cidadanía
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
Secundarán o chamado do comité de empresa a unha gran mobilización para rescatar a radiotelevisión pública e poñela ao servizo da cidadanía
O Real Decreto aprobado hoxe polo Consello de Ministros adecúa o actual marco laboral á realidade de estudios, salas de concerto e teatros.
CCOO, UXT, UAA e CONARTE lamentamos que non regule o uso da intelixencia artificial xenerativa e seguiremos traballando para conseguir modelos de protección claros e transparentes.
Queremos Galego anunciou en rolda de prensa a mañá do pasado xoves 2 a primeira acción colectiva nacida do Protocolo Lingua Vital: a presentación en setembro dunha Iniciativa Lexislativa Popular. A plataforma de defensa da lingua dará a coñecer o texto da ILP en setembro, xunto coas persoas e colectivos sociais que forman parte da comisión promotora.
Reconversión, de Ibuprofeno Teatro acada seis galardóns entre eles Mellor Espectáculo, Dirección e Texto Orixinal. A serie clopen, TROMSØ e Berenguela na gaiola logran cadanseu dobrete nunha gala que celebrou a vida e obra de Manuel Lourenzo
Presentamos esta mañá no Teatro Rosalía Castro todos os detalles da 30ª edición dos Premios de Teatro María Casares, o principal recoñecemento das artes escénicas en Galicia. O acto contou coa presenza de representantes da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación da Coruña, o Concello da Coruña, a propia AAAG e Gloria Rico, directora da gala.
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia renderá homenaxe ao histórico actor e dramaturgo, finado no verán de 2025, nun evento que se presentará oficialmente o luns 6 de abril no Teatro Rosalía Castro.
Gloria Rico Galán é unha das figuras máis versátiles da escena teatral galega contemporánea, desenvolvendo un labor integral como actriz, directora e produtora
O escritor e activista asina o texto por encarga da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) para conmemorar o 27 de marzo. Callón percorre a historia de persecución da escena galega e chama a pasar da "caricatura ao suxeito" cunha voz propia e dereitos recoñecidos
Dise que o xénero por excelencia da nosa literatura, tanto da tradicional como da impresa, é a lírica. Iso é verdade mais tamén é mentira. A nosa é unha lingua que naceu nun verso, mais nun verso que non se lía, senón que se representaba, que se facía carne na voz e nas mans. As xograresas e os xograres que danzaban, xesticulaban e cantaban á calor dunha lareira señorial ou na praza dunha vila, tiñan moito de comediantes. Vimos de moi lonxe.