O Teatro Rosalía Castro da Coruña vén de acoller unha cerimonia de entrega na que un total de 11 producións teatrais competían nas trece categorías nas que se dividen os galardóns do teatro, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). Á gala acudiron máis de 550 convidados, entre profesionais do sector, asociados, xornalistas e convidados en xeral. Todos eles asistiron ao espectáculo ideado pola compañía Ibuprofeno, que este ano transformou a gala nun furancho. Marián Bañobre e Isabel Risco presentaron a gala, dirixida por Santiago Cortegoso. Ao longo da noite déronse a coñecer os gañadores dos Premios de Teatro María Casares deste ano.
As e os Gañadores foron:
MELLOR MAQUILLAXE | ||
Trini F. Silva | C’est la Vie | Matrioshka Teatro |
MELLOR VESTIARIO | ||
Uxía P. Vaello | Waltz | Voadora |
MELLOR ILUMINACIÓN | ||
Fidel Vázquez | Eurozone | Chévere |
MELLOR ESCENOGRAFÍA | ||
Chévere- Javier Domingo Ballestín | Eurozone | Chévere |
MELLOR MÚSICA ORIXINAL | ||
Carlos Mosquera "Mos" | Bye Bye Honey | Obras Públicas - Abrapalabra |
MELLOR ADAPTACIÓN - TRADUCCIÓN | ||
Xosé Manuel Pazos Varela | A Charca Inútil | Teatro do Atlántico |
MELLOR TEXTO ORIXINAL | ||
Cándido Pazó | As do peixe | Abrapalabra Creacións Escénicas |
MELLOR ACTOR SECUNDARIO | ||
César Goldi | Bye bye Honey | Obras Públicas - Abrapalabra |
MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA | ||
Patricia de Lorenzo | Eurozone | Chévere |
MELLOR ACTOR PROTAGONISTA | ||
Josito Porto | As Mil Vidas de Matías Houseman | Teatro de Adro |
MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA | ||
Susana Dans | As do peixe | Abrapalabra Creacións Escénicas |
MELLOR DIRECCIÓN | ||
Cristina Domínguez | As do peixe | Abrapalabra Creacións Escénicas |
MELLOR ESPECTÁCULO | ||
Eurozone | Chévere |