A AAAG convoca este curso impartido por Pablo Sánchez co obxectivo de procurar unha aproximación á comedia con Máscara. A Commedia dell’Arte foi un xénero teatral que dominou a cultura europea popular por tres séculos. Neste curso o que se pretende é recuperar o espírito da forma e adaptalo aos nosos tempos. http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/12/17/0003_8914392.htm Lugar, datas e duración: O 18 e 19 de Decembro no Centro Multifuncional do Carballiño. A duración será de 16 horas con horario de 10 h. a 14 h. pola mañá e de 16 h. a 20 h. á tarde Requerimentos: Será necesario ter coñecementos teatrais básicos e coñecementos da terminoloxía teatral especifica relacionada co eido da comedia. Os participantes deberán vestir roupa e calzado cómodos. Contidos: - Estudo dos principais Arquetipos (arlequino, pantalone, dotore, capitano...) - Recursos da comedia: acrobacia cómica, loita escénica... - A máscara física (estrutura corporal e centro de cada personaxe) - Técnica de máscara - Desenrolo de pequenos canovaccios (ou escenas) Prazas Este obradoiro ten 15 prazas que se cubrirán por orde de inscrición Prezo : 40 euros socios de AAAG . 60 euros non socios. Inscrición e matrícula: Do 4 de Novembro ao 12 de Novembro de 2010 ás 15.00 h mediante a presentación do formulario de inscrición anexo, debidamente cuberto, adxuntando currículo e fotografía. Reserva de praza e pagamento: Os candidatos selecionados deberán ingresar importe do curso antes do 30 de Novembro mediante transferencia bancaria na CC de Caixa Galicia 2091 0348 15 3040009198, indicando no concepto nome do alumno e nome do curso. PABLO SÁNCHEZ PEREZ É Técnico en actividades físicas, estuda Interpretación no curso de Posgrao da Universidad de Santiago de Compostela e tamén nas escolas internacionais Scuola Internacionale dell Atore Cómico (Italia), Circomedia (Inglaterra) e Dell Arte (EEUU). Asiste tamén a numerosos cursillos onde traballa con mestres como Carlo Boso, Claudia Contin, Carlo Mazzone Clementi, Norman Taylor, Carlo Colombaioni, Eric de Bont, Michael Fields, Leo Bassi.... Empeza o seu traballo de actor no año 1987 e dende entón pasou por grupos como Sardiña, Hipógrifo Violento, Catrabucha Teatro, Trinke Trinke, Ollomol Tranvia, Berrobamban, Quinquillans, Katarsis, Teatro Maltés, San&saN.,Molierensemblen (Suecia), Teatr Formy (Polonia)... Consegue o 1º premio no Festiclown de Pontevedra co espectáculo “ Concerto Bífido “ e o premio Escena Azul en Valencia co espectáculo “ Nasional Geografic “. Realizou e dirixiu as loitas escénicas en películas como “El regalo de Silvia”, “ Sara “ y “ Diario de un Skin” e tamén traballou como actor en diversos programas do eido audiovisual. Como pedagogo traballou con diversas idades e en diferentes escolas como Danthea, Escola de circo de Ferrol, Master de Estudos Audiovisuales de A Coruña, Escola Universitaria de Relaciones laborais, Escola universitaria de Ciendias da educación, Escola de teatro físico San&saN.e Escola Municipal de teatro de Narón onde imparte a asignatura de teatro físico dende hai 10 anos. Como actor ten xirado con distintas cias. e por diversos festivais en paises como Cuba, Arxentina, Irlanda, Singapur, Suecia, EEUU,Polonia…