Evaristo Calvo era presidente entre os anos 1996 e 1997. Naquela altura,
decidiuse crear os Premios de Teatro María Casares e o 27 de marzo de
1997 celebrouse a primeira gala dos galardóns do teatro. O premio de
honra recibiuno Agustín Magán e Suso de Toro leu o primeiro Manifesto
Galego no Día Mundial do Teatro. Evaristo lembra o proceso de como
naceron os premios.
Se continúas navegando, consideramos que aceptas o uso de cookies