
Tentaremos aproveitar a presenza de Sara para abordar as nosas dúbidas en materia laboral e coñecer mellor a nosa profesión. Saberemos das novidades que incorpora o III Convenio do Audiovisual e falaremos dos incumprimentos habituais e dos mecanismos de protección e denuncia ao noso alcance.
O novo Convenio do Audiovisual entrará en vigor proximamente, á espera da súa xa inminente publicación no BOE. Pretendemos con este acto dar inicio a unha necesaria campaña de respecto aos nosos pactos laborais.