
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) e o Festival Cineuropa organizan un ciclo homenaxe a María Casares co motivo do vixésimo aniversario do seu falecemento. Velaí o programa:
MARTES, 22 DE NOVEMBRO.
Salón Teatro.
16:00 Entrevista María Casares do programa A FONDO, de TVE. Coa colaboración de RTVE
17:15 Proxección película O testamento de Orfeo, de Jean Concteau.
19.00 COLOQUIO 'VINTE ANOS SEN MARÍA CASARES'
Participan:
Mabel Rivera, vicepresidenta da AAAG
María Lopo, investigadora e biógrafa de María Casares
Sabela Hermida, actriz e investigadora na figura de María Casares
José Luis Castro de Paz, profesor de USC e historiador do Cine.
MÉRCORES, 23 DE NOVEMBRO
16:45. Proxección película Les enfants du Paradis, de Marcel Carné.
Todas as sesións son de balde.