Volver

Obradoiro de Interpretación en Inglés

Etiquetas:

A AAAG organiza este obradoiro impartido por Kevin Stewart, Director Artístico de KATARSIS, Educación e Teatro S.L. (actor e director canadiense, diplomado en Arte Dramático pola Escola de Arte Dramático de Niágara). Antigo Co-Director Artístico de Theatre Beyond Words de Canadá.

Coa asistencia de Carolina Ramos, Directora de Educación de KATARSIS, Educación e Teatro S.L. (licenciada en Arte Dramático pola Universidade de Saint Mary, EEUU).

Obxectivos: • Aprender a comunicarse na lingua inglesa. • Preparar un monólogo en inglés para facer en audicións ou probas profesionais. A través de textos dramáticos en versión orixinal de David Mamet e outros escritores teatrais contemporáneos os participantes poderán practicar o idioma anglófono ao mesmo tempo que engadir ao seu repertorio de audicións un monólogo clásico en inglés. O obradoiro rematará cunha clase aberta na que se representarán os monólogos. Metodoloxía: Inmersión na lingua: Trátase de impartir un obradoiro de iniciación á interpretación segundo a metodoloxía e filosofía de David Mamet, con textos non soamente seus senon tamén de autores de fala inglesa contemporáneos. Gramática vs. Dramática: Tomarase un enfoque flexible no achegamento á gramática e sintaxis inglesa, xa que a meta é chegar a interpretar un monólogo en inglés, coas implicacións que esto conleva (construcción da personaxe, comprensión do texto, liñas de pensamento da personaxe, contexto e circunstancias da acción, etc.). “Darse a entender” Buscamos o entendemento, a pronunciación da lingua clara e cristalina, sin importar o acento en exceso. Pretendemos que cada actor e cada actriz encontren a súa propia fonética nesta lingua estranxeira, para estar cómodos, non forzados, cando se expresen na mesma. Contidos: Quencemento (exercicios vocais, expresión corporal e relaxación); lectura e análise de textos; os sonetos; as obras dramáticas selección de personaxes e monólogos; ensaios; presentacións. Datas e Duración : Do 10 ao 17 de Decembro, Non é imprescindible estar en todalas clases. Faranse citas con cada participante para traballar no seu monólogo dentro do horario plantexado. Venres 10 de Decembro de 10 h a 14 h Os monólogos asinaranse o primeiro dia de clase. Os participantes terán a fin de semana para memorizalos. É importante que o monólogo se teña memorizado para empezar a traballar o martes 14. Sábado 11 de decembro. Dispoñibilidade do mestre durante todo o día para quedar por citas con cada participante e así establecer as súas próximas citas. Esto pódese facer en persona, comenzando así a traballar os monólogos ou por teléfono. Martes 14 decembro de 10 h. a 14 h. en Katarsis Mércores 15 decembro de 10 h. a 14 h. en Katarsis Xoves 16 decembro de 10 h. a 14 h. en Katarsis Venres 17 decembro de 10 h. a 14 h. en Katarsis e de 16 h. a 20 h. farase unha actuación con público nun espazo ainda por determinar. Lugar: A Coruña. Sala Katarsis. R/Teixeira de Pascoaes, 3 bx, zona Ronda de Outeiro/Avda Finisterre Prazas: 20 Prezo: 100 Euros para socios de AAAG. No caso de non socios o importe será de 150 Euros Inscripción: Do 26 de Novembro ao luns 6 de decembro ata as 15:00 horas, mediante a presentación do formulario de inscrición anexo debidamente cuberto adxuntando currículum vitae e fotografía recente. Nota: Os socios de AAAG que teñan actualizado o seus materiais no catálogo on-line da AAAG http://aaag.es/?page_id=1761 non será necesario que envíen de novo o CV. Aqueles que non o teñades actualizado podedes aproveitar para facelo.

Selección de candidatos: A selección realizarase polos docentes en base ao curriculum e aos requisitos desta convocatoria, tendo preferencia os socios de AAAG Comunicarase telefónicamente ou vía mail a cada candidato seleccionado o día 7 de Decembro de 2010 Reserva de praza: Os candidatos selecionados deberán ingresar o importe do curso antes do día 9 de Decembro . No caso de anulación da reserva a organización non se compromete á devolución do importe da mesma se a praza non se cubre Forma de pago: Transferencia bancaria no nº de CC de Caixa Galicia: 2091 0348 15 3040009198 indicando no concepto nome do alumno e nome do curso