
Por iniciativa do Consello Territorial da SGAE en Galicia, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) colabora coa Fundación SGAE na organización de dúas lecturas dramatizadas en Santiago de Compostela dentro do XXI Ciclo de Lecturas Dramatizadas, promovido pola SGAE a nivel estatal e que ten como obxectivo promocionar os autores para a difusión das súas obras, así como apoiar os dramaturgos e estimular a creación. Ambas as dúas lecturas son de acceso gratuíto.
Tras a celebración da semana pasada da Lectura de 'Atrevereime', dirixida por Cristin Domínguez, mañá martes ás 21.00 horas será a quenda de 'A arañeira', texto de Raúl Dans dirixido por Quico Cadaval e interpretado por Vicente Mohedano, Rebeca Montero e María Roja. As entradas son de balde.
A Arañeira, texto de Raúl Dans, trata do que lle acontece a Adela, unha muller que leva aparentemente unha vida plena. De súpeto, unha descoñecida preséntase na súa casa da praia para contar o segredo sobre o que se fundamenta todo o seu mundo.
Día: Martes, 14 de novembro ás 21.00 horas.
Lugar: Sala Germán Coppini. Fundación SGAE (Rúa Salvadas, 2A. Santiago)
Dirección: Quico Cadaval
Intérpretes: Vicente Mohedano, Rebeca Montero e María Roja.