O XXII Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas ofrecerá en
Martes 6 de novembro ás 21.00 h.
Os bólidos do esquecemento, de Julio Fernández.
Director: Julio Fernández.
Intérpretes: Catuxa Leira, César Goldi, Déborah Vukušić, Machi Salgado e Xosé Manuel Esperante.
Sinopse:
Nun ton absurdo, ás veces delirante, dúas persoas pertencentes á monarquía, xunto cun mozo, un garda e un can, dialogan sen parar, e cun ritmo moi vivo, ata converter a conversación nunha auténtica burla da sociedade na que, como espectadores, temos a obriga de vivir, e na que tamén vive "o manifestante", representante social dos malos tratos, políticos e económicos.
Xoves 8 de novembro ás 21.00 h.
Malcriada. Unha historia de amor, de Esther F. Carrodeguas.
Director: Esther F. Carrodeguas.
Intérpretes: Belén Constenla.
Sinopse:
No chester rosa da casa da señora, senta a criada. Unha criada malcriada. Malcriada pola nosa sociedade, pola vida, e polos homes e mulleres que se aproveitaron dela. Unha copa de viño, quizais, na súa man. Quizais a celebración dun día especial no que as palabras brotan para contar a súa historia. A historia dunha vida que quizáis non é só a súa senón a de tantas. A de tantas señoras. A de tantos señores. A de tantos sofás. A de tantas criadas, malcriadas.
Mércores 14 de novembro ás 21.00 h.
Culpable, de José Prieto.
Director: José Prieto.
Intérpretes: César Goldi, Roberto Leal e Victoria Teijeiro.
Sinopse:
A muller acude voluntariamente a que a interroguen.
Síntese culpable, pero non sabe de que.
O interrogador interroga.
O reconstrutor reconstrúe os feitos.
Os feitos apuntan indicios.
O xuíz xulga e emite o veredicto.
Culpable.
Todas as lecturas son de acceso gratuíto e levaranse a cabo coa colaboración da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). O Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas, que organiza a Fundación SGAE dende 1995 en todo o estado, ten a singularidade de reunir a autores, intérpretes, directores, produtores e público, na gran maioría das propostas, arredor dunha experiencia única: a estrea dunha obra nunca antes representada e ensaiada ese mesmo día. Ao longo das súas 21 edicións precedentes, o ciclo acolleu máis de 250 textos de máis de 200 autores para un público de máis de 25.000 persoas.