Volver

Lectura Dramatizada "Relato para un incendio"

O martes 19 ás 20h. no Salón Teatro de Santiago de Compostela

Dentro do programa da I bolsa de dramaturxia impulsada pola Agadic a través do Centro Dramático Galego, a AAAG vai coordinar unha lectura dramatizada do texto gañador da bolsa, “Relato para un incendio” de Ernesto Is, que presentaremos o vindeiro martes 19 ás 20h no salón Teatro de Santiago de Compostela, nunha representación aberta ao público xeral con entrada gratuíta ata completar a cabida.

O texto é unha peza de teatro documental baseada en feitos reais e nos estudos do antropólogo danés Gustav Henningsen, e conta con varios personaxes reais e ficticios que serán interpretados por Alba Loureiro, María Barcale e Nacho Castaño, baixo a dirección de Paloma Lugilde.

A lectura vai funcionar como mostra do texto para aquelas persoas ou compañías que que queiran optar á coprodución dun espectáculo teatral baseado no texto mediante o procedemento que ten aberto a Agadic para tal fin. Tedes a información sobre este procedemento e a bolsa na páxina do CDG, aquí