O acordo foi asinado o pasado 4 de marzo por Escena Galega e a Agadic, en representación das empresas do sector, e polas organizacións sindicais UXT, CC. OO., CIG e a AAAG en representación dos traballadores do sector e supón un incremento do 6,5% sobre as tarifas do 2021.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220427/AnuncioG0599-120422-0004_gl.html
O convenio colectivo afecta a todas as empresas e a todos os actores e actrices contratados por elas que desenvolvan a súa actividade en representacións teatrais en vivo ante os/as espectadores/as, en calquera dos seus xéneros, ben sexa en producións públicas, privadas ou coproducións no ámbito da comunidade autónoma de Galicia.
Podes consultasr o convenio nesta mesma páxina web: https://aaag.gal/storage/resources/rates/attachment/5c4318cf-i-convenio-colectivo-de-actores-e-actrices-de-teatro-de-galicia.pdf