
Todo o referente ao Estatuto do Artista é complexo, e ás veces confuso para calquera persoa polo que ideamos un tipo de evento que transmita esa complicada información dunha maneira sinxela e o máis amena posible. Deste xeito, cada evento iniciará cun quiz show onde os participantes dividiranse en grupos e terán que ir contestando unha serie de preguntas divididas en bloques temáticos.
Unha vez finalicemos a dinámica do xogo de preguntas tipo trivial, pasaremos a unha Mesa de expertos onde se tratarán os bloques vistos no xogo, pero dunha maneira máis técnica e desenvolvida. Tamén se abrirá espazo para que os asistentes formulen as súas preguntas, dúbidas e/o suxestións.
Participarán na mesa Sara Mora, avogada de ConArte e a AAAG, experta en relacións laborais de artistas en espectáculos públicos; César Casares, actual secretario xeral da Confederación; e Miguel Diéguez, director da delegación da SGAE no Noroeste do estado.
ConArte é a Confederación de Artistas Traballadores do Espectáculo, na que se integra a AAAG, constituída para a defensa, reivindicación e promoción dos intereses dos e as traballadoras do espectáculo, en particular artistas intérpretes, na orde laboral, cultural e social. Na actualidade, ConArte está formada por once asociacións repartidas en oito Comunidades Autónomas. Para este 2022, ConArte lidera un proxecto para contar aos seus asociados, pero tamén á sociedade no seu conxunto, os avances que se deron sobre o chamado Estatuto do Artista, as súas implicacións e como nos afecta como sector profesional, pero tamén, como sociedade.
Inscríbete aquí https://forms.gle/L3Et2WjoZsjjXjoD7