
O acordo foi asinado o pasado 17 de febreiro polas organizacións empresariais APCP, PATE, PIAF, PROA, PROFILM e AEC, en representación das empresas do sector, e polas organizacións sindicais UXT, CC. OO., Confederación Nacional de Artistas-Traballadores do Espectáculo ( CONARTE), na que se integra a AAAG, e a Unión de Actores e Actrices ( UAA), en representación dos traballadores do sector. No acordo tamén figura o compromiso das partes da apertura dunha negociación específica para a regulación das diversas particularidades das obras audiovisuais de publicidade.
https://www.boe.es/eli/es/res/2023/03/28/(2)
Este convenio é de aplicación aos contratos de interpretación para a realización de obras audiovisuais que se celebren entre os produtores das mesmas e os actores/actrices que nelas interveñan, calquera que sexa o tipo de actuación que se fixe nas citadas obras audiovisuais, incluídas as de publicidade.
Tedes a táboa nesta mesma web https://aaag.gal/storage/resources/rates/attachment/07171de6-tarifas-audiovisual-2023.pdf