Volver

Sobre Shakespeare en Roma do CDG en castelán no Festival de Mérida

Dende a Xunta Directiva da AAAG compartimos completamente a petición e os argumentos expostos pola Academia Galega de Teatro ao respecto da intención do CDG de acudir coa montaxe Shakespeare en Roma ao festival de Mérida co espectáculo traducido ao castelán.

Se ben é certo que a dificultade de saír fóra de Galicia con espectáculos que non sexan en castelán existe e é difícil de solucionar, hai que lembrar, como así o din no seu escrito dende a AGT, a importancia que a lingua ten para a propia existencia do CDG e mesmo da AGADIC e a trascendencia que tén que dende esas institucións se fagan todos os esforzos posibles ao seu alcance para avanzar no proceso de normalización no uso das linguas minorizadas do estado no conxunto do mesmo, labor que non pode nin debe recaer so nos esforzos das compañías privadas e artistas individualmente.

Por outra banda queremos facer fincapé en que en ningún caso é responsabilidade das persoas que forman parte dos elencos a decisión última da escolla da lingua na que se mostran os espectáculos fóra ou dentro da nosa comunidade autónoma, e facemos un chamamento ás institucións públicas a facer o esforzo por evitarlles situacións que poidan afectar negativamente ás mesmas e evitarlles situacións conflitivas que poñan en entredito o seu firme compromiso coa lingua e a cultura que nos son propias.

Podedes ver o comunicado da Academia AQUÍ