Volver

Os Premios María Casares rexistran a maior participación da súa historia ao inscribírense 47 espectáculos e máis de 350 profesionais na súa 28ª edición

Mañá mércores ábrese a primeira quenda de votacións, que decidirán as propostas finalistas nas 16 categorías nas que se dividen os galardóns.

O censo de votantes está conformado por preto de 500 persoas do sector e inclúe o corpo asociativo da AAAG, finalistas e gañadoras de edicións anteriores, responsables de programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, xornalistas e outras figuras vencelladas á escena

Os Premios de Teatro María Casares rexistran a maior participación da súa historia ao inscribírense 47 espectáculos e máis de 350 profesionais na súa 28ª edición, cuxa gala de entrega se celebrará o xoves 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Este récord na inscricións acádase na segunda edición na que os galardóns incrementaron os seus apartados, xa que no 2023 as bases foron modificadas para ampliar o certame ao crear dúas novas categorías: dirección de movemento e espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas. Na última década, tan só se superou a cifra de corenta espectáculos participantes no 2017, ano no que concorreron 44 montaxes, e no 2015, que contou coa presentación de 43.

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que organiza os galardóns dende a súa posta en marcha en 1997 coa colaboración tradicional de institucións e entidades como a Xunta de Galicia, o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, o Padroado de Cultura do Concello de Narón, a Fundación Aisge, a Fundación SGAE ou Gadis, abrirá mañá mércores a primeira quenda de votacións. Dela sairá a relación de finalistas que optarán aos 16 galardóns nos que se dividen os María Casares: espectáculo, espectáculo infantil, espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas, dirección, dirección de movemento, actriz protagonista, actor protagonista, actriz secundaria, actor secundario, texto orixinal, adaptación-tradución, espazo sonoro, espazo escénico, iluminación, maquillaxe e vestiario.

Preto de 500 persoas pertencentes ao sector escénico están chamadas a emitir o seus votos de forma telemática a través da web da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) até o venres 9 de febreiro nesta primeira rolda de votacións. Este censo de votantes está conformado polo corpo asociativo da propia AAAG, por gañadoras e finalistas de edicións anteriores, responsables de programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, xornalistas culturais e outros perfís vencellados á nosa escena. A relación de finalistas darase a coñecer na terceira semana de febreiro, durante a xa tradicional Festa de Finalistas dos Premios de Teatro María Casares. FOTO: Corsino

Espectáculos inscritos nos XXVIII Premios de Teatro María Casares

Espectáculo

Compañía

1

A fábula de Vila Chá

Mircromina

2

Á luz do día. Nalgún lugar do mundo, a algunha muller

Serea Teatro

3

A Nai

Amorodio Teatro

4

A teteira de Kabul

Xarope Tulú

5

Ándale, Bon appêtit!

Teatro Ghazafelhos

6

As Damas de Ferrol

Teatro do Noroeste

7

Asfixia

Vórtice Escénico

8

Backstage

NegroLópez

9

Backup. A Resurrección de Nuno

De Ste Xeito Producións

10

Bailar no ceo

Xerpo

11

Blues de Medianoite-versión estendida

Laboratorio Escénico

12

Brokeback Sabucedo (Paixón entre bestas)

Sal do Teatro

13

Cabicivai

Os contos de Pablísimo

14

Cantamos con Rosalía?

Luís Vallecillo

15

Códice K

Ainé

16

Coliño

A xanela do Maxín

17

Corentena

Ainé

18

Crisálida

Caramuxo Teatro

19

Deadpan Karaoke

Ibuprofeno Teatro

20

Entrega en man

Contraproducións

21

Frida

A Cova das Letras

22

Frío

A Feroz

23

Hamelin

Redrum Teatro

24

Historia dunha nena nomarada do mar

O sol de outono Teatro

25

Insubmisa

Antagonista Teatro

26

Iphixenia na porta do súper

Compañía Humana

27

Kyoki

Elefante Elegante

28

Made in Galiza

Sarabela Teatro

29

Menu-do día

Colectivo CBV

30

Mosca

Ártika Cía.

31

Mozas nas redes

aAntena

32

Nanai da China

Pérez&Fernández

33

O Auto do Castromil

Producións Teatráis

Excéntricas

34

O pequeno poni

Redrum Teatro

35

O rapto da Befana

Olivas Negras

36

O refuxiado

Stracciatella Teatro

37

Picassos Animados

Títeres Cachirulo

38

Que din as Rumorosas

Maquinarias Teatro

39

Revolta

Cía. Juanito&Filomena

40

‘Selkie’. A lenda do Mar do Norte

Luis Vallecillo

41

Shakespeare en Roma

Centro Dramático Galego

42

Síbaris

Condetrespés

43

Sofá

martaalonsotejada

44

Treboada

Nauta

45

Un hotel de primeira sobre o río

Centro Dramático Galego

46

Unha inimiga do pobo

Talía Teatro

47

VOX POPULI

Malasombra