O acordo foi asinado o pasado 1 de marzo por Escena Galega e a Agadic, en representación das empresas do sector, e polas organizacións sindicais UXT, CC. OO., CIG e a AAAG en representación dos traballadores do sector.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240315/AnuncioG0656-060324-0007_gl.html
O convenio colectivo afecta a todas as empresas e a todos os actores e actrices contratados por elas que desenvolvan a súa actividade en representacións teatrais en vivo ante os/as espectadores/as, en calquera dos seus xéneros, ben sexa en producións públicas, privadas ou coproducións no ámbito da comunidade autónoma de Galicia. A actualización da quilometraxe fica pendente de momento.
Podes consultasr o convenio nesta mesma páxina web: https://aaag.gal/storage/resources/rates/attachment/5c4318cf-i-convenio-colectivo-de-actores-e-actrices-de-teatro-de-galicia.pdf