Despois de seis meses coas táboas salariais de 2024 conxeladas, os sindicatos Unión de Actores y Actrices, ConArte, CCOO e UXT logramos un acordo coas asociacións empresariais do sector que garante por fin o desbloqueo das táboas e avanzar na urxente renovación do convenio colectivo.
Finalmente, confírmase o acordo proposto polos mediadores no SIMA o pasado 29 de abril polo cal as táboas de 2024 serán actualizadas conforme ao IPC do ano anterior, un 3,1% con efectos retroactivos ao 1 de xaneiro. Tamén, para exercicios posteriores, acórdase unha actualización baseada no IPC do ano anterior, pero limitado entre o 1% e un 3,85%.
O acordo foi posible grazas á ampliación da marxe de negociacións e a inclusión de dous novos elementos.
En primeiro lugar, a conxelación das dietas de manutención durante os anos 2025 e 2026, garantíndose as actualizacións salariais no resto dos conceptos. Queda pendente para a futura negociación de convenio o método de actualización das dietas a partir do ano 2027.
Os sindicatos, pola nosa parte, lograremos incrementar nun punto a remuneración pola cesión dos dereitos de propiedade intelectual exclusivos dos intérpretes, pasando dun 5% a un 6%. Ademais, mellorouse a redacción d artigo. A nova redacción será máis aclara e acorde á normativa actual, o cal establece un marco máis transparente para abordar os retos que asume o sector respecto ás plataformas internacionais e os dereitos dixitais.
Os sindicatos asinantes do acordo considerámolo un éxito, xa que permite desbloquear unha situación de axustiza e abre por fin a negociación do futuro convenio de intérpretes no sector audiovisual, que permitirá renovar as relacións laborais nun sector tan importante para a nosa cultura e o noso país.
Podedes consultar as tarifas AQUÍ