A Associació d’Actors i Actrius, Directores i Directors Professionals de Catalunya e a Asociación de Actores e Actrices de Galicia organizan a sesión informativa IA e as interpretacións en producións audiovisuais. Onde se sitúa o intérprete como persoa humana?, que terá lugar o vindeiro luns 11 de novembro entre as 11 e as 13 horas na sede de AISGE en Santiago de Compostela (Rúa Monte dos Potes, 14). A actividade, que se desenvolverá tanto presencialmente como por streaming, será gratuíta para persoas asociadas das entidades organizadoras e colaboradoras.
As implicacións xurídicas da Intelixencia Artificial e a contorna dixital para o intérprete do mundo audiovisual non xorden da nada nin tampouco van cara a ningures. O mundo do século XXI arrédase do mundo do século XX e resulta fundamental coñecer o contexto histórico e contemporáneo cunha visión de futuro. Non hai maxia, son unhas ferramentas ás que se debe facer unha aproximación para comprender os seus impactos nos dereitos dos afectados, así como tamén as súas repercusións.
Fálase de principios éticos, códigos de conduta, contratos e demandas. Que significan e que supoñen para a interpretación audiovisual?
Carlota Planas Silva, avogada, especialista en dereito da propiedade intelectual, industrial, novas tecnoloxías e protección de datos en Sabatellini & Associats. Docente, poñente e articulista poranos ao día nestas cuestións.
Ao final da actividade, coas persoas participantes en formato ptresencial, abriremos un espazo de interacción para debater o contido tratado durante a sesión e resolver as posibles preguntas que poidan xurdir.