Volver

Escena Galega organiza as súas II xornadas das Artes Escénicas

Reestruturar e mellorar as redes de distribución de espectáculos escénicos cunha maior conexión entre programadores públicos e privados, compañías e Administración. Ese é o obxectivo da xornada de debate que Escena Galega, a asociación que agrupa as empresas galegas de artes escénicas, organiza o próximo 20 de setembro na sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago de Compostela.Nesta ocasión o debate céntrase nas redes de distribución teatral, unha das canles principais pola que o teatro galego chega ao público do país. A través de sete relatorios e tres mesas de debate, analizarase a situación actual das redes, e coa participación das compañías, os programadores públicos e privados e Agadic, estableceranse unha serie de propostas que permitan consolidar as redes como vía para favorecer a creación artística e a exhibición de producións teatrais galegas PROGRAMA 10:00 h. Inauguración. 10:15 h. Mesa de debate I. – CREACIÓN/ DISTRIBUCIÓN. 10:15 - 10:35 h. 1ª Ponencia – Desequilibrios entre creación e distribución. Relator: Xúlio Lago (Director de escena) en representación de Escena Galega. 10:35 – 10:55 h. 2ª Ponencia – A necesaria reestructuración das redes de distribución. Relatora: Julio Perugorría (Distribuidor). 11:00 – 12:00 h. Debate. Modera Alfredo Rodríguez (Actor e Productor). 12:00 – 12:20 h. Descanso e café. 12:20 h. – Mesa de debate II. – A VISIÓN DA REDE DENDE O PUNTO DE VISTA DO PROGRAMADOR. 12:20 – 12:40 h. 1ª Ponencia - Relator: Luciano Fernández (Programador de Narón). 12:40 – 13:00 h. 2ª Ponencia – Relatora: Madó Santos (Programadora de Muros). 13:00 – 14:00 h. Debate. Modera Artur Trillo (Actor e director de escena). 14:00 – 16:30 h. Comida. 16:30 h. – Mesa de debate III. – REDES A CONSOLIDAR E OUTRAS POSIBILIDADES. 16:30 – 17:00 h. 1ª Ponencia – As outras Redes ( Rede Galega de Salas, Letras Vivas, Camiños da Cultura, Diputacións…) Relator: Eduardo Rodríguez “Tatán” (Actor e Titiriteiro). 17:00 – 17:30 h. 2ª Ponencia – Perspectivas de programación nos espazos de NovaCaixaGalicia Relatora: María Pereira (Directora de Acción Cultural da Obra Social de NovaCaixaGalicia) 17:30 – 18:00 h. 3ª Ponencia – As redes de distribución segundo a Agadic Relator: Juan Carlos Fernández Fasero (Director da Agadic) 18:00 – 19:30 h. Debate. Modera: Eduardo Alonso (Director de Escena). 19:30 -19:45 h. Descanso. 19:45 h. Conclusións e Clausura. Clausura: Salvador del Rio (Presidente de Escena Galega). Inscricións: info@escenagalega.es